Esta asignatura afonda nos fundamentos da Química Analítica do primeiro cuatrimestre. Baséase na toma de mostra e a sua preparación para a análise, abrange tamen as técnicas de separación e introduce o alumno na Análise Instrumental.
Por isto pódese considerar que ten un papel básico no conxunto do grao.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se contemplan modificacións nos contidos da asignatura
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías docentes
*Metodoloxías docentes que se modifican
A metodología docente non se modifica como tal, se non que se farán os cambios axeitados para a sua adaptación a modalidade de docencia híbrida ou non presencial (segundo as circunstancias sanitarias) empregándose as plataformas Moodle e Teams.
Docencia en Sesión Maxistral: manterase o horario oficial e impartirase a través de Teams. Tamén se lle facilitará o alumno a través de Moodle, os videos (en Stream) das presentacions de cada sesión grabadas co audio cas explicacións do profesor.
Docencia en Sesións de Seminario: manterase o cronograma oficial desta materia. Daráselle previamente o alumno a través del Moodle os boletins correspondentes a cada sesión. Nas datas previstas faranse sesións on-line no sistema Microsoft Teams
Docencia Práctica:
As sesiones de prácticas serán adaptadas a actividades adecuadas que se levarán a cabo de modo virtual a través de la plataforma Teams. Seguirase o cronograma de coordinación de prácticas do curso.
Proba mixta: Será realizada on line a través de la plataforma Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
O seguimento personalizado realizarase a través do correo electrónico, a plataforma Moodle ou a ferramenta TEAMS, a demanda do alumnado e, na medida do posible, no horario establecido para as tutorías.
Para os estudantes con dedicación a tempo parcial ou modalidades específicas de aprendizaxe ou apoio á diversidade, facilitarase a atención personalizada dentro da flexibilidade permitida polos horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos.
4. Modificacións na avaliación
Non se farán cambios na avaliación.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense todas as observacións incluídas na guía docente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se contemplan modificacións na bibliografía no Plan de continxencia. Todos os materiais necesarios encontraranse dispoñibles en Moodle ou mediante acceso aos recursos electrónicos dispoñibles na Biblioteca do Centro
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías