Globalmente trátase de avaliar a adquisición dos coñecementos, a
capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración, de
aplicación e de orixinalidade d@ estudante. Asistencia.O mellor aproveitamento
da asignatura implica a asistencia a tóda-las actividades presenciais. A
asistencia á totalidade das prácticas de laboratorio e obrigatoria. A non
asistencia implica o suspenso con cero, sobre 10, na asignatura.
Primeira oportunidade. Para que se teñan en conta as outras actividades suxeitas a avaliación
é preciso obter unha cualificación mínima de catro con cinco (4.5) sobre dez
(10) en cada unha das dúas partes da proba mixta e nas prácticas de
laboratorio. A cualificación final calcúlase de acordo coas porcentaxes
establecidas e as restriccións previamente fixadas.
Segunda oportunidade. Repetición da
proba mixta e das actividades presenciais suxeitas a
avaliación nas que non se acadou o aprobado (non se inclúe o relativo os
seminarios nin as sesións presenciais de laboratorio). A cualificación final
calcúlase de acordo coas porcentaxes establecidas e as restriccións previamente
fixadas. En calquera das dúas oportunidades, de non alcanzarse una
cualificación mínima de catro con cinco (4.5) sobre dez (10) en cada unha das
dúas partes da proba mixta así como nas prácticas de laboratorio, a
asignatura figurará como suspensa aínda que a cualificación final, calculada
segundo as porcentaxes correspondentes, sexa superior o igual a 5 (sobre
10). Neste caso a cualificación final será 4.5 (sobre 10).Na segunda
oportunidade, no caso de cualificacións inferiores a 4.5 nas actividades
avaliables distintas da proba mixta, ou 4.5 nas actividades avaliables
relacionadas coas prácticas de laboratorio (excluida a parte de presencialidade
no laboratorio), oportunamente establecerase a data e o procedemento para
reenviar/entregar/presentar as devanditas actividades. O aprobado da asignatura
obtense o acadar na cualificación final como mínimo 5 puntos, sobre 10. A
cualificación final calcúlase de acordo coas porcentaxes establecidas e as
restriccións previamente fixadas. Matrícula de honra. No caso de que haxa
varios estudantes, con idéntica cualificación numérica, que poidan
optar á matrícula de honra, se lles convocará a unha proba escrita
sempre e cando o número de matrículas sexa inferior o de estudantes na
devandita situación. Compre sinalar que @s estudantes avaliados na segunda
oportunidade poderán optar á matrícula de honra se o número máximo de éstas non
se ten cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade. Cualificación de non
presentado. Aplicarase @s estudiantes que teñan participado en actividades
avaliables programadas que representen menos do 50% da cualificación final, elo
sempre e cando non se teña obtido un 5, sobre 10, nas prácticas de laboratorio.
Sucesivos cursos académicos.O proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluída a
avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto volta a
comenzar de cero co novo curso, podendo quedar excluida a repetición
das prácticas de laboratorio cando foran aprobadas cunha cualificación superior
a 5 sobre 10. A exención da realización das prácticas de laboratorio, caso de
ofertarse, será solicitad@ pol@ estudante no prazo que a tal fin se estableza.
Alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia. Son de aplicación, para ámbalas dúas oportunidades, os
criterios anteriores agás a asistencia e participación nos seminarios. Neste
caso disporán das actividades a realizar nos seminarios, que deberán
entregar/enviar segundo o medio telemático que oportunamente se estableza.
Emprego desta asignatura como complemento de formación para estudos de
doutoramento. A cualificación será "apto" ou "non apto"