Para aprobar
a materia cómpre acadar o 50% da puntuación correspondente ao apartado A (prácticas) e
o 50% da puntuación da proba mixta (apartado B).
Considerarase
NON PRESENTADO cando o alumno non realice NINGUNHA das actividades avaliables.
No caso de
que a suma total das cualificacións fose igual ou superior a 5.0, pero a
parcial de contidos teóricos (apartado B) ou prácticos (apartado A) non superara a nota mínima requerida, a
cualificación final corresponderá á obtida na proba non superada, ou á media delas no caso de estaren ámbalas dúas suspensas.
No caso de
situacións excepcionais debidamente xustificadas poderán adoptarse medidas
adicionais para que a/o estudante poida superar a materia, tales como
flexibilidade no prazo de entrega de traballos tutelados, flexibilidade no
horario de prácticas ou realización dunha proba global de avaliación dos
resultados da aprendizaxe.
Os
estudantes con adicación a tempo parcial oficialmente recoñecida poderán
realizar as actividades propostas nos seminarios vía on-line e, mediante as
titorías (presenciais ou on-line), solucionar as cuestións que poidan xurdir.
No caso de estudantes que participen en modalidades específicas de aprendizaxe
e apoio á diversidade o profesorado adaptará as actividades de avaliación
continua e obrigatorias para que o estudante poida optar a superar a materia.