Esta materia proporciona os coñecementos básicos sobre a herdanza e a variación dos seres vivos, así como a base metodolóxica propia da análise xenética mendeliana. Complementa outras materias do grao e aporta a base conceptual necesaria para profundar no estudo da Xenética, contemplado nas materias Xenética Molecular (obrigatoria de 3º curso), Xenética Evolutiva e de Poboacións (obrigatoria de 3º curso), e Citoxenética (optativa).
Plan de continxencia
En caso dun novo confinamento por mor da covid19:
1. Non haberá modificacións nos contidos.
2. Todas as clases pasarán a realizarse mediante videoconferencia por TEAMS.
3. Os mecanismos de atención personalizada ao alumnado serán vía email, videoconferencia ou chat implementado en TEAMS.
4. A avaliación pasará a ser online, modificándose a porcentaxe asignada á proba mixta (que pasará a valer 40%) e engadíndose unha proba obxectiva (con valor de 20%). Para esta proba obxectiva, empregarase tempo asignado aos seminarios (grupos reducidos). Estas cualificacións sumaranse á obtida na proba mixta de tal xeito que a suma delas terá que acadar alomenos un 50% da cualificación máxima (en xeral un 5 sobre 10).
5. Facilitaráse ao alumnado as fontes bibliográficas necesarias para completar o curso con éxito.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías