Prácticas de laboratorio |
A30 A31 |
Avaliarase mediante cuestionarios que o alumno deberá completar sobre os contidos das prácticas.
|
20 |
Sesión maxistral |
A1 A7 A19 A29 B1 B6 B8 B12 |
Avaliarase mediante unha proba obxectiva escrita que incluirá preguntas tipo test, definicións, preguntas curtas e temas a desenvolver.
|
40 |
Para poder superar a materia na primeira oportunidade será necesario ter unha participación de polo menos o 70% das actividades avaliables programadas. Igualmente o alumno deberá obter polo menos a cualificación de 4,5 sobre 10 puntos na teoría (proba obxectiva escrita e seminarios), e 4 sobre 10 na parte práctica (que inclúe o 50% do estudo de casos e 50% o cuestinario de prácticas). Para poder superar a materia na segunda oportunidade (xullo), o alumno, en función do resultado da súa primeira avaliación, deberá realizar unha proba obxectiva escrita e superar a avaliación da parte práctica. A necesidade de realizar unha ou ambas as probas de recuperación indicarase nas cualificacións da primeira oportunidade. As cualificacións obtidas nas actividades avaliables serán conservadas só durante o correspondente curso académico salvo a parte práctica. Para obter a cualificación de "non presentado" o alumno non poderá participar en máis dun 30% das actividades avaliables programadas. No caso dos estudantes con dedicación a tempo parcial ou de modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade, a avaliación das probas obxectivas será a mesma, e a avaliación continua da participación poderá substituírse por un traballo individual proposto polo profesor e avaliado en titorías.
|