Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
1º cuadrimestre
Primeiro
Obrigatoria
3
Idioma
Castelán
Galego
Portugués
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Letras
Coordinación
Samartin López-Iglesias, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Profesorado
Samartin López-Iglesias, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Web
Descrición xeral
Aproximación das relacións entre literatura, cultura e sociedade, prestando especial atención ás escolas teórico-críticas que parten de postulados sociolóxicos, sistémicos e/ou de base marxista
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Sen modificacións nos conteúdos previstos no guía docente
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense as Lecturas e os Traballos Tutorizados.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Fican sen efeito a Sesión Maxistral, a Discusión Dirixida, as Prácticas através de TIC, o Glosario e o Seminario. A percentaxe atribuída agora a estas metodoloxías será distribuída equitativamente entre as Lecturas (50%) e o Traballo Tutorizado (50%)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Toda a información e a documentación relativa ao seminario está accesíbel no Moodle da materia.
Teams, en horarios e formato (síncrono ou asíncrono) acordados co alumnado.
Correo electrónico a demanda do alumnado.
4. Modificacións na avaliación
Lecturas (40%): Cada estudante fará tres leituras:
- dous textos seleccionados de cada un dos dous primeiros blocos en que foi organizado o item “Leituras”, segundo figura no documento coa Planificación da Materia disponibilizado no Moodle;
- o terceiro texto corresponderase cunha outra leitura breve indicada por cada estudante para conformar o Bloco 3; esta poderá, ou non, corresponderse coas suxestións colocadas na bibliografía que encerra o referido documento.
Traballo Tutorizado (60%): A partir das leituras dos tres textos seleccionados cada estudante elaborará un Resumo contendo os obxectivos perseguidos, os métodos utilizados e as conclusións ou hipóteses atinxidas en cada texto; un Esquema que conteña a estrutura e as principais ideas presentes en cada artigo; un Glosario cos principais conceitos relativos ao artigo/asunto en foco; seleccionará tres Fragmentos considerados de especial relevancia para o entendimento dos conteúdos totais ou parciais do texto; por último, cada persoa responderá nunha extensión máxima de unha páxina a pergunta: En que reside o interese do texto e cal é a súa utilidade formativa no ámbito do Mestrado?
O Resumo, Esquema, Glosario, Fragmentos e Resposta ás cuestións referidas serán entregues, en formato pdf devidamente identificado através dunha tarefa habilitada aos efeitos no Moodle da materia na data acordada co docente.
*Observacións de avaliación:
As persoas matriculadas realizarán aqueles traballos tutelados (6 valores) e aquelas leituras (4 valores) que lle foren encomendados de acordo co previsto nesta addenda.
As actividades contempladas neste apartado do guía da materia serán realizadas de modo non presencial e (a)síncrono.
O alumnado con dificuldades para o acompañamento da materia durante a vixencia deste plano de continxencia quer por motivos técnicos ou materiais (de conexión a internet, de acceso a computadores, etc.), quer por necesidades ou limitacións persoais de calquera tipo (coidados, conciliación, horarios ou espazos restrinxidos, etc.) deberá contactar co profesor no menor tempo posíbel a fin de seren arbitradas as medidas de flexibilización e adaptación necesarias para a atención de cada caso particular.
As restantes observación feitas á avaliación no guía docente da materia continúan en vigor.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Son disponibilizados no Moodle todos os materiais bibliográficos necesarios para o acompañamento da materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías