En calquera das metodoloxías avaliables, é necesario obter unha
cualificación mínima de catro sobre dez para superar a materia.
Recibirán a cualificación de "Non Presentado" aqueles estudantes que non
presenten en tempo e forma o traballo tutelado.
Na segunda oportunidade, gardaranse as notas de todolas
actividades superadas e proporánse actividades alternativas ás que se
fixeron nos obradoiros e non se superaron.
Os traballos e actividades entregaranse en tempo e forma e deberán cumprir as esixencias de
corrección lingüística propias destes textos (ortografía, puntuación,
precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado,
etc). Penalizarase a nota dos escritos que non se axusten a esta norma.
O
estudantado con dispensa académica de asistencia a clases
entregará o traballo tutelado e realizará actividades alternativas ás
que se fagan nos obradoiros. Poderánse adoptar as adaptacións oportunas
para o estudantado con necesidades específicas de aprendizaxe.
Será necesario polo menos un nivel de competencia lingüística en español B1 para cursar esta materia.
Se, no curso da avaliación, o profesorado tiver algunha dúbida razoable a propósito da autoría do traballo
tutelado, poderá entrevistar ao alumnado durante a revisión de notas para
verificar a mesma. Neste
caso, a entrevista será grabada e servirá para revisar a nota.