Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
1º cuadrimestre
Cuarto
Optativa
4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Letras
Coordinación
Rodriguez Gonzalez, Olivia
Correo electrónico
olivia.rodriguez.gonzalez@udc.es
Profesorado
Rodriguez Gonzalez, Olivia
Correo electrónico
olivia.rodriguez.gonzalez@udc.es
Web
Descrición xeral
Conceptos e métodos da literatura comparada, e práctica de proxectos comparatistas.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non será necesaria modificación algunha.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Todas: Sesións maxistrais, Obradoiro, Estudo de casos, Análise de fontes, Aprendizaxe colaborativo, Traballo tutelado, Presentación oral.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
As metodoloxías que se manteñen só presentan unha modificación: levaranse a cabo por medios telemáticos.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: Diariamente para realizar consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
Moodle: Diariamente, de acordo coa necesidade do alumnado. Disponse de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as actividades de obradoiro, lecturas, recensións ou traballos tutelados.
Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou máis, segundo o demande o alumnado) para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
Non se modifica a avaliación (80% da nota) do traballo tutelado nin a súa presentación oral (20%) por medios telemáticos (no caso de fallar nalgún caso individual algún estudante con problemas de acceso ás canles electrónicas, esta parte da avaliación quedaría substituída, para todo o alumnado, polo que se entende por avaliación continua: a participación activa do estudante ao longo do curso nos aspectos mencionados en Metodoloxías).
En relación cos traballos tutelados valorarase:
1. O tratamento axeitado dos contidos do curso aplicados ao traballo.
2. A habilidade para o comentario de textos desde a literatura comparada.
3. A utilización de fontes documentais da bibliografía e webgrafía da materia, así como doutros recursos, aos que en todo momento o estudante fará referencia.
4. A competencia lingüística suficiente para unha redacción apropiada.
*Observacións de avaliación:
Seguirán sendo válidas as indicadas na guía docente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se requiren modificacións neste punto.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías