Guía DocenteCurso Facultade de Informática |
Máster Universitario en Ciberseguridade |
Asignaturas |
Análise Forense de Equipos |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Análise Forense de Equipos | Código | 614530012 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A6 B1 B2 B3 B7 C4 | Propoñeranse varias prácticas o longo do curso, relacionadas coa análise forense de equipos, nas que o/a alumno/a traballará con distintas ferramentas e deberá realizar procesos de clonado, de recuperación de información, redacción de informes, etc. As prácticas terán carácter individual. No enunciado de cada práctica especificarase a data límite para a realización da mesma, así como a metodoloxía de avaliación, que pode ser a través da entrega dunha memoria, da realización dunha proba en ordenador, ou mediante ambas. | 60 |
Proba obxectiva | A6 B1 B2 B3 B7 C4 | Exame final, tipo test, mediante o que se valorarán os coñecementos e capacidades adquiridos polo alumno, tanto nas sesións de teoría coma nas sesións prácticas. | 40 |
Observacións avaliación | |||
1. PRIMEIRA OPORTUNIDADE Ó longo do curso realizaranse unha serie de "prácticas de laboratorio", coas características e peso indicados no cadro anterior. Ó finalizar o curso realizarase unha "proba obxectiva", coas características e peso indicados no cadro anterior. 2. SEGUNDA OPORTUNIDADE Realizarase unha "proba obxectiva", coas características e peso indicados no cadro anterior. Con respecto as "prácticas de laboratorio", o/a alumno/a poderá conservar a nota obtida na primeira oportunidade. Caso de non ter presentado as prácticas na primeira oportunidade, deberá someterse a un exame de prácticas. 3. CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA Realizarase unha "proba obxectiva", coas características e peso indicados no cadro anterior. Con respecto as "prácticas de laboratorio", o/a alumno/a poderá conservar a nota obtida en na primeira oportunidade (se fose o caso). Caso de non ter presentado as prácticas na primeira oportunidade, deberá someterse a un exame de prácticas. 4. PLAXIO Si se detectase plaxio en calquera das probas de avaliación, a cualificación final da materia será de "suspenso (0)", feito que se comunicará á coordinación do título para adoptar as medidas oportunas. 5. CONDICIÓN DE "NON PRESENTADO" Consideraranse como "non presentados" aos alumnos que non realicen a proba obxectiva. |
|