Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos:
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías:
• Metodoloxías docentes que se manteñen:
Probas resposta breve: realizarase unha proba de resposta breve, aproximadamente na metade do cuadrimestre, mediante a plataforma Moodle.udc.es. No día do exame oficial, en xaneiro de 2021, realizarase a segunda proba de resposta breve, tamén a través da plataforma Moodle.udc.es. Cada unha destas probas computa un 20% na avaliación.
Traballo tutelado: traballo práctico, en grupos de 2-4 persoas, que computa na avaliación (20%). A presentación oral (que computa o 10%) realizarase a través de TEAMS.
Probas sobre prácticas con R: realizarase unha proba, aproximadamente na metade do cuadrimestre, e entregarase mediante a plataforma Moodle.udc.es. No día do exame oficial, en xaneiro de 2021, realizarase o segundo exercicio avaliable en R, e tamén se fará a entrega a través da plataforma Moodle.udc.es. Cada unha destas probas computa un 20% na avaliación.
• Metodoloxías docentes que se modifican:
As sesións maxistrais: non computan na avaliación. Impartiranse usando TEAMS na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Ademais, estas sesións por TEAMS poderanse complementar con vídeos explicativos.
As prácticas TIC: non computan na avaliación. Na modalidade presencial consistían en análises de datos usando software estatístico (R). Substitúense por vídeos onde se explica con detalle o desenvolvemento da práctica. Eses vídeos poderían ser realizados e gravados en TEAMS na mesma hora da clase, ou subidos á plataforma con anterioridade. Ademais, realizaranse titorías grupais semanais por TEAMS (ou mais segundo o demande o alumnado) para seguimento e apoio dos alumnos.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Ferramenta: Correo Electrónico, Vídeo conferencia e Moodle.
Temporalización:
Correo Electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
Vídeo conferencia (Teams): Dúas sesións semanais, para o avance dos contidos, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Tamén se realizarán titorías individuais e grupais fixadas previamente mediante correo electrónico.
Moodle: Diariamente, segundo a necesidade do alumnado. Presentaranse “foros temáticos” asociados aos módulos da materia, para formular as consultas necesarias.
4. Modificacións na avaliación:
Manterase o peso da cualificación en cada unha das probas. A diferencia está en que a presentación do traballo tutelado se realizará a través de TEAMS, e as probas (parciais e/ou finais) de conceptos realizaranse por Moodle e as de prácticas en R entregaranse por esa mesma plataforma.
Observacións de avaliación: Ao longo do curso realízanse dous parciais, un para a parte dos Bloques 0-2 e outro da parte dos Bloques 3-4, que permiten liberar a parte correspondente da materia.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle. |