Guía DocenteCurso Facultade de Socioloxía |
Grao en Socioloxia |
Asignaturas |
Socioloxía da educación |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Socioloxía da educación | Código | 615G01210 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | A8 A9 A10 A12 A34 A35 A36 B5 B10 B12 B13 B16 B18 B19 B20 B24 B25 B27 | Terase en conta a asistencia regular ás clases, o bo comportamento na aula e a participación continuada no curso, amosando interese, coidando ás compañeiras e ós compañeiros, intervindo nos debates e realizando as distintas prácticas e actividades que se vaian desenvolvendo ao longo do curso en relación coa materia, dentro e fóra da aula. | 30 |
Aprendizaxe colaborativa | A21 A23 A25 A29 A32 A33 A34 A35 B5 B10 B12 B13 B18 B19 B24 B27 C4 C7 C8 | A aprendizaxe colaborativa esixe empatía, madurez e responsabilidade individual e colectiva; serve para incrementar as aprendizaxes teórico-experienciais e para activar mecanismos de comportamento en favor da comunidade e dun bo clima social. Formaranse grupos de 4/5 persoas na aula. Da listaxe de películas e materiais audiovisuais propostos polo profesor, cada grupo elixirá unha delas –non se poderán repetir– e procederá a realizar unha exposición oral, creativa e rigurosa na aula, podendo empregar todo tipo de soportes, materiais e/ou metodoloxías (textos, gráficos, imaxes, vídeos, música, performance, teatro, fotografías, roll-playing, etc.). As exposicións terán unha duración de 15 minutos e deberán servirse dalgúns dos conceptos, paradigmas e teorías traballados na aula. |
20 |
Proba de ensaio | A1 A8 A10 A21 A35 A36 B5 B13 B18 B20 B24 B25 B27 C1 C4 | A finais de curso realizarase unha proba escrita na aula. O alumnado terá que responder varias preguntas relacionadas cos contidos da materia. Dita proba poderá ser liberatoria respecto ao exame oficial de 1ª oportunidade. | 20 |
Recensión bilbiográfica | A8 A9 A10 A12 A34 A36 B5 B10 B12 B13 B18 B19 B24 B25 C8 | O valor da lectura reflexionada, situada e enriquecida pola experiencia vivida axuda a fomentar a imaxinación, a creatividade e o sentido crítico. Ademais, serve para a construción de valores en prol da colectividade cando é fruto dunha reflexión dialóxica. As lecturas terán que ser relacionadas, ademais, con algúns dos contidos da materia. Da listaxe de libros propostos na aula polo profesor, o alumnado –dividido en parellas– deberá escoller un deles e facer unha recensión. Como alternativa, o alumnado (tamén en parellas) poderá elixir entre o traballo anterior ou a elaboración dunha "historia de vida familiar", a entregar tamén por escrito. As pautas para a elaboración da recensión e da historia de vida serán dadas na aula e subidas ao Moodle. |
30 |
Observacións avaliación | |||
A planificación exposta supón a aplicación dun sistema de avaliación continua. Non obstante, a materia ten dous métodos principais de avaliación: continua e non continua. 1) Avaliación continua: A cualificación final obterase promediando as cualificacións dos 2) Avaliación non continua: O alumnado presentarase ao exame oficial de 1ª oportunidade, que Para o alumnado con recoñecemento de adicación a
|
|