Curso inicial dos estudos da Escola de Arquitectura, o primeiro cuadrimestre da carreira
quere iniciar a formación da/o futura/o arquitecta/o atendendo dende os momentos
iniciais, ó triple soporte reflexivo, proxectivo e construtivo do feito
arquitectónico.
Dentro del, Introdución á Arquitectura é a única materia obrigatoria dentro do bloque proxectual e é a encargada de espertar ou de acrecentar o interese pola Arquitectura e pola súa razón de ser, aproximándose ó seu concepto dende a teoría e dende a historia e fomentando a capacidade analítica, o sentido crítico e o desenvolvemento lóxico do alumnado no amplo campo que vai da cidade ao deseño elemental, como territorio propio da arquitectura.
Plan de continxencia
No caso de que se produzan circunstancias excepcionais motivadas pola Pandemia COVID 19, que impidan a docencia presencial prevista, plantéxase o paso desta á modalidade docente non presencial baseada no soporte TIC proporcionado pola Universidade.
Utilizarase o conxunto de ferramentas TIC, posto a disposición pola Universidade, especialmente a plataforma Moodle, Teams e o correo electrónico para a comunicación có estudantado.
1. Modificacións nos contidos.
No caso de continxencia adoptaranse as medidas necesarias para garantir a calidade do ensino e a integridade dos contidos. Non se realizan cambios nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Mantense o conxunto das metodoloxías docentes empregadas, pasando a docencia a desenvolverse de xeito non presencial, total ou parcialmente.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
Non está previsto modificar metodoloxías docentes
3. Mecanismos de atención personalizada al alumnado.
Os mecanismos de atención personalizada ó estudantado utilizarán as plataformas sinaladas con anterioridade postas a disposición pola Universidade: Moodle, Microsoft Teams y el Correo electrónico institucional.
Temporalización: a establecida segundo o calendario e horario académicos fixados polo centro ó comezo do curso.
4. Modificacións na avaliación
Suprimiranse aqueles criterios que impliquen asistencia e presencialidade. Este principio terá validez temporalmente dende o momento no que exista instrución de aplicación do presente Plan de Continxencia.
Mantéñense o resto dos criterios de avaliación.
Para o alumnado con dificultades xustificadas para realizar probas ou entregas, poderanse prever solucións alternativas personalizadas.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Mantense a bibliografía proposta para a asignatura. Subiranse aos soportes de intercambio de arquivos institucionais aqueles textos, fragmentos de textos ou outro material, cuxo coñecemento é imprescindible para superar a materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías