A materia baséase no coñecemento e aplicación dos métodos computacionais en procesos de transferencia de calor e fluxo de fluídos, para o deseño e cálculo de equipos e sistemas de instalacións mariñas.
Acadarase destreza suficiente para coñecer as limitacións do método e a precisión dos resultados obtidos, tendo en conta as hipóteses de partida e empregando software CFD-FloEFD.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión Maxistral (computa na avaliación)
Solución de problemas (computa na avaliación)
Traballos tutelados (computa na avaliación)
Proba obxectiva (computa na avaliación)
*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se realizan cambios
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: Pra facer consultas,
resolver dúbidas teóricas e de resolución de problemas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: A través dos foros poden formular consultas sobre os contidos teóricos e resolución de problemas. Tamén se poden planear debates dirixidos sobre determinados contidos da materia.
– Teams: Sesións no horario oficial para o desenrolo dos contidos teóricos-prácticos e dos traballos tutelados.
Sesións adicionais se é necesario ou baixo demanda do alumnado, para a resolución de dúbidas e apoio nos traballos tutelados.
4. Modificacións na avaliación
Traballos tutelados pasan a computar un 40 %.
Proba obxectiva pasa a computar un 50 %.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense os mesmos requisitos na 2ª avaliación, computándose a asistencia tanto presencial como non presencial si é o caso (segundo a listaxe de asistencia descargada desde Teams).
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación obtida nas actividades asociadas ao sistema personalizado de titorías corresponderase coa avaliación da metodoloxía de solución de problemas e probas obxectivas, cunha ponderación do 40 e o 60 %, respectivamente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. O alumnado pode acceder aos contidos dixitalizados tanto teóricos como prácticos en Moodle
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías