Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
Non se prevén modificacións dos contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteráse a mesma metodoloxía docente agás as sesións maxistrais e de resolución de problemas presenciais
*Metodoloxías docentes que se modifican
As sesións maxistrais serán sustituidas por titorías grupais online. A documentación será posta previamente a disposición dos alumnos en formato pdf na plataforma Moodle para a súa lectura previa a cada sesión online, mantendo o horario das clases presenciais. Nestas sesións, primeiramente resolveránse as dúbidas que cada estudiante pode ter tras a lectura dos documentos facilitados. A continuación, comentaránse os aspectos que non quedaran claros, explicaránse os conceptos máis importantes, e resolveránse casos prácticos propostos na plataforma Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Estableceránse titorías individuais online, na plataforma Teams, e tamén telefónicas e mediante o uso do correo electrónico.
4. Modificacións na avaliaciónProba obxectiva de tipo exame, a realizar na data establecida no calendario oficial de exames. (ver observacións).
A nota final do curso será 50% nota do primeiro parcial (xa realizado) e 50% da nota do segundo parcial. No caso de non ter obtido unha nota superior ao 3.5 no primeiro parcial, realizarase unha proba adicional despois do exame do segundo parcial para tentar subir a nota do primeiro parcial. As características desta proba serán as mesmas que as descritas para a proba do segundo parcial.
*Observacións de avaliación:
Cada exercicio do exame será posto á disposición dos alumnos na plataforma Moodle, que deberá resolverse de xeito individual e sen utilizar os apuntes nin calculadoras. Unha vez rematado o tempo do exercicio, cada alumno deberá escanear ou facer unha fotografía do exercicio e remitilo utilizando a plataforma Moodle. Unha vez rematado o exercicio, o seguinte exercicio será posto a disposición dos alumnos na plataforma Moodle.
Antes do comezo do exame, o alumno deberá asinar a seguinte declaración de ter cumprido coas normas establecidas. “Eu, nome apelido1 apelido2 con DNI: XXXXXXXX-X declaro pola miña honra que non utilizarei medios nin métodos fraudulentos para a realización do exame de Cálculo do primeiro curso do Grao en Enxeñaría de Obras Públicas.” E asinarán ao lado indicando tamén a data e a hora.
Algúns alumnos poden ser convocados, posteriormente á realización do exame, a unha sesión de Teams, que será gravada, para explicar o realizado no exercicio.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha |