Traballos tutelados |
O alumnado deberá desenvolver traballos e/ou pequenos proxectos de investigación ou parte destes.
Así mesmo poderase solicitar tamén ao estudante a exposición oral dalgún/s destes proxectos asi como borradores dos seus traballos de fin de Máster para ser debatidos co profesor e co resto dos seus compañeiros.
Se aportarán recursos dentro das plataformas institucionais para facilitar a realización de estos traballos ao alumnado en modalidade semipresencial e presencial. |
Proba práctica |
Proba na que se valorará fundamentalmente o manexo das técnicas estatísticas máis adecuadas en cada caso, fundamentalmente a través do emprego de programas estadísticos. Esta proba poderá ser realizada de forma conxunta coa proba teórica para poder avaliar conxuntamente a relización de varias fases do proceso de investigación. |
Sesión maxistral |
Efectuarase a exposición oral do temario da materia, complementándose a mesma co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes.
Durante estas sesións tamén se poderá realizar unha docencia máis interactiva na que os alumnos resolverán tarefas propostas polo profesor, ben de forma individual ou en pequenos grupos, asistidos polo profesor e co fin de lograr unha mellor comprensión da materia.
Durante estas sesións, poderanse asignar lecturas relacionadas cos temas a desenvolver, para que os alumnos realicen de forma non presencial.
Se aportarán recursos dentro das plataformas institucionais para facilitar o seguemento das sesións maxistrais ao alumnado en modalidade de semipresencialidade e o repaso de contidos ao alumnado en modalidade presencial. |