A Psicoloxía Clínica da Saúde é a disciplina ou o campo de especialización da Psicoloxía que aplica os principios, as técnicas e os coñecementos científicos desenvolvidos por ésta para avaliar, diagnosticar, explicar, tratar, modificar e prevenir as anomalías ou os trastornos mentais ou calquer outro comportamento relevante para os procesos da saúde e enfermidade, nos distintos e variados contextos en que éstos poidan ter lugar. Nesta materia destácase o papel da conduta como determinante da saúde-enfermidade, enfatizando a promoción de estilos de vida sans e a prevención da enfermidade. Todo esto, dacuerdo coa visión holística e integradora actualmente mantida tanto sobre a saúde como sobre a enfermidade como un todo integrado biolóxico, psicolóxico e social.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos:
Non se realizan.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Sesión maxistral, Lecturas, Traballo tutelado, Proba obxectiva.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
A sesión maxistral presencial queda substituída por sesións programadas en Teams no horario de clase. A proba obxectiva realízase a través de Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
A través de Teams ou correo electrónico en horario de titorías.
4. Modificacións na avaliación:
A asistencia e participación non se computa para a avaliación, quedando a cualificación final da siguiente maneira: Lecturas: 20% da nota; Traballo tutelado: 40% da nota; Proba obxectiva: 40% da nota.
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Non hai modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías