Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
10 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Sociais (Geografía e Historia)
 Asignaturas
  Proxectos de innovación e investigación educativa nas Ciencias Sociais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A2 A5 A7 A12 A14 B14 C4 Realizaranse actividades para o coñecemento de fontes documentais de ampla diversidade que acheguen información acerca de contidos e, sobre todo, recursos didácticos en relación co ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais. 20
Aprendizaxe colaborativa A1 A7 A8 A9 B1 B2 B8 B10 C3 C1 C7 Actividades que promovan o traballo en pequenos grupos: intercambio de información, discusións, postas en común, toma de decisións, comprensión do grupo como unha tarefa única. 10
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 B3 B4 B5 B8 B14 C3 C1 C4 C6 C7 C8 A aprendizaxe de metodoloxías para a súa aplicación didáctica concretarase na elaboración dun estudo ou traballo acerca dalgunha das temáticas consideradas no ámbito das ciencias sociais. O alumnado seleccionará un tema, formulará os obxectivos, realizará unha xustificación, desenvolverá a metodoloxía idónea, resolverá o tema e/ou proposta e obterá as conclusións pertinentes. 50
Presentación oral A14 A9 B8 C3 C1 C4 Os traballos de pequeno grupo serán obxecto de exposición na aula, xa que facilitan a adquisición das destrezas explicativas fundamentais para o desenvolvemento da profesión de mestres/as. 20
 
Observacións avaliación

Na avaliación terase en conta a actitude, interese, participación e
dedicación á materia, tanto na aula como fora da mesma. Aquel alumnado
que non supere a avaliación continua a partir das metodoloxías presentes
na materia, terá que superar unha proba obxectiva (terá en conta o contexto xerado pola COVID-19, podendo ser a proba obxectiva -como calquera outra tarefa- ben na aula, presencialmente, ou a distancia telematicamente -a través de Teams, Moodle, Forms ou semellantes ferramentas empregadas pola UDC-). 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes