Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral |
Asignaturas |
Inserción e orientación laboral |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Inserción e orientación laboral | Código | 652606612 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 4 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | As actividades iniciais teñen unha dupla finalidade: a) que o alumnado tome conciencia dos seus coñecementos previos, de xeito que se convertan nun referente para a análise e reflexión do que precisan aprender e para facer balance das aprendizaxes construídas na materia. b) A posta en común e resolución de dúbidas das cuestións formuladas sobre as temáticas previamente traballadas fora da aula e que forman parte da clase invertida. |
Análise de fontes documentais | As actividades de análise documental abordan distintas temáticas da materia: a) Análise do currículo das materias da especialidade e de dous libros de texto b) Análise de programas e actividades de orientación non sexista c) Análise de documentos para afondar nas temáticas da fundamentación teórica do traballo tutelado. d) Busca e análise de experiencias de utilización das TIC en orientación profesional |
Sesión maxistral | O método expositivo utilízase para presentar, aclarar e sintetizar algunhas das temáticas que integran o programa da materia. Esta metodoloxía complementase coa análise documental destinado o afondamento dos temáticas. A sesión maxistral combínase coa clase invertida, deste xeito promovese o estudo autónomo do alumnado fóra da aula e a aprendizaxe colaborativa na aula. |
Aprendizaxe colaborativa | A aprendizaxe colaborativa é o principio que ha de rexir nas actividades grupais de análise de fontes documentais e nos traballos tutelados. É obxecto de auto-avaliación e co-avaliación e vai repercutir na cualificación de cada unha das persoas do grupo de traballo. |
Presentación oral | Presentación grupal do traballo tutelado. A presentación vai ser avaliada polo resto do alumnado a partir dunha rúbrica, elaborada e consensuada polo alumnado a partir de varias propostas proporcionadas pola profesora e polo alumnado. |
Portafolios do alumno | Consiste nun informe no que o alumnado da conta das aprendizaxes adquiridas, da súa aplicación no TFM e no período de prácticas e da relación existente co resto das materias do mestrado. O portafolios inclúe un mapa conceptual dixital dos contidos da materia e un glosario de termos. Tanto o portafolio como o mapa conceptual serán elaborados en formato dixital. |
Prácticas a través de TIC | As practicas a través de TIC céntranse na busca e selección de información, na creación dun marcador social, na delimitación da súa contorna persoal de aprendizaxe e na construción de diferentes artefactos dixitais en distintos formatos que van ser incluidas no traballo tutelado ou/e no portafolio individual. O marcador social e contorna persoal de aprendizaxe son compartidas co resto das materias do itinerario. Coas Prácticas a través das TIC preténdese que o alumnado adquira competencias dixitais docentes de diferentes áreas: a) Información e alfabetización dixital (navegación, busca e filtraxe; avaliación da información, e almacenaxe e recuperación de información e contidos dixitais). b) Comunicación e colaboración (compartir información e contidos, colaboración mediante vías dixitais, netiqueta e identidade dixital) c) Creación de contidos dixitais (desenvolvemento de contidos dixitais (desenvolvemento e integracion e reelaboración de contidos dixitais) d) Resolución de problemas (identificcación de necesidades e respostas , innovacion e uso da tecnoloxía dixital de xeito creativo e identificacion de lagoas na competencia dixital). |
Traballos tutelados | Consiste no deseño dunha unidade didáctica de orientación profesional para os módulos da especialidade ou para a titoría da formación profesional básica. O deseño desta proposta didáctica ten que valerse da aprendizaxe basada en proxectos e da utilización doutras metodoloxias activas (gamificación, clase invertida, aprendizaxe colaborativa etc.). |
|