Portafolios do alumno |
A4 A5 C4 C6 |
Para avaliar o portafolios teranse en conta aspectos ligados á estrutura e contido deste.
a) Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e seguimento de normas de citación-referenciación.
b) Contido: comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre así coma outras de interese e a adecuada xestión das mesmas.
* A cualificación final deste traballo poderá ser diferente para cada integrante do pequeno grupo. Unha parte da puntuación respostará ao traballo que se realice de modo grupal e outra ao traballo individual.
* Ademais, para matizar a cualificación do portafolios valorarase o traballo realizado polo alumnado a nivel de pequeno grupo ao longo de todo o curso.
|
70 |
Proba mixta |
A1 A5 A9 C4 C6 |
A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. Esta proba mixta poderá verse concretada nunha proba tipo test en función das necesidades docentes ou do alumnado. |
30 |
- Nas presentacións orais ou
escritas deberase atender a criterios de integridade académica (xestión
adecuada de referencias bibliográficas e información de terceiras
persoas); ademais procurarase o uso dunha linguaxe non discriminatoria.
- A asistencia ás sesións non
poderá ser inferior ao 80% das horas que se impartan de maneira
presencial, tendo en conta o modelo híbrido no que se circunscribe esta
materia.
- O alumnado con recoñecemento
de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia, que faga uso de dita dispensa, deberá entregar as actividades
e o portafolios no mesmo tempo e forma que o resto do alumnado e
resolvelas de modo individual.
- Se un/unha alumno/a cuxa
asistencia é regular non acude á clase o día de realización dalgunha
actividade, deberá desenvolvela e entregala individualmente. Esta
incorporarase tamén ao portafolios.
- O portafolios entregarase na
data que se indique ao inicio do curso.
- Coa fin de facilitar a
xestión da materia e o seguimento do alumnado será obrigatoria -antes da
segunda semana lectiva- a actualización do perfil persoal da plataforma
Moodle, insertando unha foto actual.
- Para superar a materia é
necesario obter unha puntuación mínima do 50% do peso de cada unha das
partes obxecto de avaliación ("portafolios do alumno" e
"proba mixta").
- Dado que a materia é
impartida por diferentes docentes, poderán existir variacións intergrupais
no formato do exame final, no tipo de actividades de aula e na orde de
presentación de contidos.
- Na 2ª oportunidade os
criterios de avaliación serán os mesmos que os propostos para a 1ª
oportunidade.
|