Descrición xeral |
A materia de Teoría da Educación pretende contribuír a preparar ás futuras mestras e mestres de Educación Infantil para ser profesionais críticas, para poder reflexionar sobre a súa práctica e as razóns últimas da súa actuación, así como para ser capaces de interpretar con criterio sólido as tendencias educativas actuais en relación ao contexto político, histórico e social no que se sitúan. Permite así ás alumnas e alumnos achegarse ao concepto de educación, as funcións sociais da escola, ou as grandes dimensións, fins e principios dos procesos educativos. Afonda asemade na análise dos dereitos da infancia, os movementos pedagóxicos contemporáneos e o estudo de innumerables correntes e teorías educativas que, dende unha perspectiva crítica e teórico-práctica, contribúen a ofrecer unha alternativa innovadora ao modelo escolar tradicional, apostando por outros xeitos de facer e pensar a educación. |
Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral, a través de vídeo.
- Actividades iniciais, a través de Moodle.
- Análise e fontes documentais.
- Recensión bibliográfica.
- Estudo de casos.
- Presentación oral, a través de Teams.
- Traballos tutelados.
- Portafolio virtual.
- Discusión dirixida
- Eventos científicos e divulgativos
*Metodoloxías docentes que se modifican
- As actividades iniciais realízanse a través de tarefas no Moodle.
- A presentación oral do traballo pasa a realizarse a través de Teams.
- A participación en eventos científicos e divulgativos dependerá da oferta existente.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Moodle: Permanentemente actualizado. Cámbiase a estrutura por temas por unha estrutura por semanas, para facilitar ao alumnado a comprensión das tarefas asociadas a cada semana. Cólgase cada semana o vídeo referido á sesión expositiva. É necesaria a súa consulta, dado que é a ferramenta que ofrece con claridade a visualización dos contidos abordados e tarefas asociadas.
Teams: Convértese na nova aula para as interactivas. As sesións interactivas danse a través dos “Equipos” creados para cada un dos grupos de interactivas. Semanalmente, no horario de interactivas, faise unha chamada grupal dirixida a clarificar dúbidas sobre o “vídeo-presentación” desa semana e a explicar a dinámica de traballo da interactiva. Créanse “Grupos de Chat” para cada un dos grupos de aprendizaxe colaborativa (GAC). Semanalmente, no horario de interactivas, son o espazo de traballo dos GAC, dende o que desenvolven as tarefas en grupo, a través de documentos colaborativos y chamadas grupais. Durante o horario das interactivas, a docente fai o seguimento dos documentos colaborativos e, con elo, do traballo que vai realizando cada grupo. Emprégase o Chat individual co alumnado, segundo o soliciten, para facer titorías individuais..
Correo electrónico: Diariamente. Como vía de comunicación co alumnado, especialmente na clarificación de dúbidas que poidan xurdir. Se lle pide ao alumnado que traslade a través deste medio calquera dificultade que teñan respecto ao seguimento da materia, para valorar e artellar as adaptacións precisas.
4. Modificacións na avaliación
A única modificación na avaliación é a referida á proba de ensaio. Mantéñense as condicións da súa elaboración pero de forma non presencial. A proba realízase na data do exame, contando con todo o día para a súa realización. A proba estará habilitada no Moodle dende as 9:00 ás 23:55. No horario do exame a profesora estará dispoñible para consultas que precisedes facer (non sobre o contido en si mesmo, pero si sobre a proba).
O resto dos elementos de avaliación non sofren modificacións.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as condicións anteriores. Para superar a materia é imprescindible ter superadas todas e cada unha das actividades de avaliación. En caso contrario, a cualificación será de suspenso. Gardaranse as partes aprobadas durante a convocatoria anual.
Para o alumnado con modalidade non presencial mantéñense as condicións anteriores: Portafolio (60%) e proba de ensaio (40%). Deberá ter unha titoría coa docente para acordar as condicións de elaboración de portafolio de forma individual.
No caso de alumnado con necesidades específicas, acórdase coa persoa e coa ADI a metodoloxía docente e de avaliación.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Ningunha
|