A investigación e a avaliación en Educación empeza a orientarse cara un coñecemento más amplo sobre o descubrimento das posibilidade dos procesos de ensino e aprendizaxe para os/as investigadores/as, convertíndose nunha ferramenta para a formación permanente e autónoma dos/das docentes. Convertindo, desta maneira, aos/ás docentes en axentes investigadores e avaliadores.
O propósito formativo básico desta materia céntrase nun coñecemento do ámbito da investigación e avaliación educativa desde tres vertentes; teórica, metodolóxica e instrumental.
A proposta que se plantexa neste programa vai dirixida a que o alumnado teña unha panorámica xeral destes campos disciplinares, así como a que se vaian exercitando en prácticas específicas de investigación e avaliación, que supoñen un control da calidade dos procesos e dos produtos que conducirán a mellorar a calidade do ensino. Estas prácticas concrétanse ou precísanse no marco deste programa e se desenvolverán de forma paralela aos contidos teóricos.
Precísase, polo tanto, un/unha mestre/a investigador/a cuxo papel sexa fundamentalmente crítico e reflexivo, que centre a súa actividade cara un coñecemento directo do contexto onde actúa para dirixilo cara a consecución dun cambio.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos:
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
- Sesión maxistral.
- Discusión dirixida.
- Traballos tutelados (computa na avaliación).
- Proba obxectiva (computa na avaliación).
- Atención personalizada.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
Non se realizarán presentacións orais.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
- Correo electrónico: Diario. Para solicitar encontros virtuais individuais e grupais.
- Moodle: diariamente. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias e discusións dirixidas.
- Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 sesión semanal (ou máis segundo a demanda do alumnado) en pequeno grupo (ata 4/6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación:
Mantéñense as metodoloxías de avaliación e os pesos de cada unha na calificación global.
- Traballos tutelados (60%). Os criterios de avaliación responderán aos criterios marcados en cada unha das prácticas que se entreguen, exceptuando os criterios referentes á presentación oral que non se valorarán.
- Proba obxectiva (40%). Mantéñense os criterios de cualificación e corrección da proba.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente a excepción de que as referencias ao cómputo de asistencia se realizará respecto ás sesións que houbo presencialmente ata o momento de suspenderse a actividada presencial.
SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%. Elaboración e presentación dos traballos tutelados en pequeno grupo (60%).
B) Os/as estudantes a tempo completo como aqueles/as con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de asistencia segunso establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212) deberán entregar os traballos tutelados, si ben éstos últimos poderán presentalos de maneira individual.
A proba obxectiva será a mesma para todos/as.
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados e proba obxectiva).
3. Entregar os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo na plataforma moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías