A materia "Organización e Avaliación de Institucións Educativas" ten carácter de formación básica e impártese no primeiro cuadrimestre do segundo curso do Grao en Educación Infantil.
Esta materia busca desenvolver no estudantado capacidades de descrición, análise, interpretación e valoración do funcionamento dos centros escolares. Pártese de que os centros son institucións complexas, reguladas por normas comúns, pero tamén dotadas de características singulares que fan que se constitúan en espazos privilexiados para o desenvolvemento profesional, a práctica da democracia e o cambio educativo. Para iso é necesario deseñar, desenvolver e avaliar proxectos de centro acordes con esa singularidade que contribúan á progresiva autonomía institucional.
Esta materia garda relación con "Teoría da Educación", "Socioloxía da Educación", "Historia da Educación", “Atención á Diversidade: Aspectos Didácticos e Organizativos", “Educación Inclusiva e Multicultural” e, especialmente, coa materia de "Deseño, Desenvolvemento e Avaliación do Curriculum" de 1º curso, dado que as dimensións didáctica-curricular e organizativa non poden entenderse de forma independente unha da outra.
Plan de continxencia
En caso dunha suspensión temporal da presencialidade na Universidade da Coruña, tomaranse as medidas a seguir:
1. Modificacións nos contidos:
Ningunha.
2. Metodoloxías docentes que se manteñen:
Todas manteranse menos a asistencia á aula física. No seu lugar, o alumnado participará ou ben directamente nas sesións gravadas da plataforma virtual de Teams, ou ben indirectamente mediante o Foro virtual da plataforma de Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Esta atención canalizarase por correo electrónico, por Teams, por Moodle ou por teléfono, podéndose concertar citas por estes medios.
4. Modificacións na avaliación:
A "presentación oral" do alumnado canalizarase a través das sesións telemáticas de Teams ou de Moodle (mediante presentacións gravadas ou en directo), e durará uns 10-15 minutos, aproximadamente. A "proba mixta" será con material e de xeito sincrónico.
EN CASO DE NON ASISTENCIA OU DE NON TER SUPERADO A PROBA MIXTA DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE: Para o alumnado que asistiu a clase coa debida regularidade durante o primeiro cuadrimestre, e que xa superou o traballo tutelado pero suspendeu a proba mixta da primeira oportunidade, conservaráselle a cualificación do traballo para facer a media coa proba da segunda oportunidade.
Quen non asistise coa debida regularidade durante o primeiro cuadrimestre, ou que non entregara ou non superara o traballo tutelado (nin a proba mixta), para superar a materia realizará a proba da segunda oportunidade, que lle valerá o 50% da cualificación final. O outro 50% será completado realizando unha tarefa adicional (explicada en Moodle polo/a profesor/a correspondente), que lle valerá o 50% da cualificación final. Se algún/ha estudante (deste último colectivo) non entrega a tarefa adicional, o peso da proba da segunda oportunidade será do 100% da cualificación, como medida para facilitar a superación da materia.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías