Bases Históricas e Documentación en Terapia Ocupacional
Código
653G01108
Titulación
Grao en Terapia Ocupacional
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
1º cuadrimestre
Primeiro
Obrigatoria
7
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Ciencias da Saúde Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Meijide Failde, Rosa
Correo electrónico
rosa.meijide.failde@udc.es
Profesorado
Meijide Failde, Rosa
Santos del Riego, Sergio Eduardo
Sobrido Prieto, María
Correo electrónico
rosa.meijide.failde@udc.es
sergio.santos.delriego@udc.es
maria.sobrido@udc.es
Web
Descrición xeral
Esta materia inclúe as bases históricas, fundamentos e documentación da Terapia ocupacional
Inclúe dous obxectivos moi diferenciados: Nas bases históricas e iniciación aos fundamentos pretendemos que os alumnos ao final do curso teñan coñecemento da historia da Terapia Ocupacional e dos principais autores que contribuiron ao seu nacemento e desenrolo. Ademais se iniciará aos alumnos nos fundamentos teóricos e principios filosóficos da Terapia Ocupacional e comezarán a ter contacto cos diferentes marcos de referencia de Terapia Ocupacional necesarios para recoñecer e interpretar os procesos de función-disfunción ocupacional. E un segundo obxectivo referente á documentación en terapia ocupacional na que se verá cal é a estrutura dos traballos científicos en ciencias da saúde e a recuperación da información científica en Terapia Ocupacional.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral
Lecturas
Traballos tutelados
Obradoiro
Presentación oral
Proba mixta
*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se modifican, e as metodoloxías programadas previamente de maneira presencial pasan a formato virtual mediante Teams e Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente (de luns a venres). De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Moodle: Diariamente (de luns a venres). Empregarase como repositorio de material documental e para a entrega de actividades.
- Teams: Exposición de contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario oficial. Esta opción será aplicable tanto na sesión maxistral como nos seminarios de grupos.
Poderanse programar mais sesións según as necesidades para o seguimento e apoio na realización dos "traballos tutelados". Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
Non se modifican os contidos da materia.
*Observacións de avaliación:
Manterense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
- As referencias ao computo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións que houbera presenciais ate o momento no que se suspendera a actividade presencial.
- As diferentes actividades de avaliación tanto continuada como o exame final faranse de modo non presencial mediante a plataforma Moodle ou Forms e con soporte directo mediante Teams
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Disporán de materiais de traballo en formato dixital na plataforma moodle
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías