I- Orixe e historia da Comunidades Europeas |
1.- As orixes. Os tratados constitutivos e as Comunidades Europeas. Institucións da Unión Europea. As fontes do dereito da Unión Europea.
2.- O dereito dos cidadáns de coñecer as fontes xurídicas a través de internet.
Sitios de internet relativos ós Códigos Europeos e Norteamericans de Traballo e Seguridade Social, de lexislación non codificada, de rexistros de Convenios Colectivos europeos e norteamericáns; repertorios comunitarios, europeos e norteamericáns para a localización da xurisprudencia.
|
II. Institucións |
3- Os servicios públicos de emprego e a Inspección de Traballo e a Seguridade Social en Europa e nos Estados Unidos.
4.- Xestión da Seguridad Social en Europa e nos Estados Unidos. O contencioso laboral e da Seguridad Social en Europa e nos Estados Unidos.
|
III. Dereitos, liberdades e principios |
5- A liberdade sindical , o dereito de participación dos traballadores na empresa, o dereito á negociación colectiva e o dereito á folga no ordenamento comunitario, nas lexislación e prácticas comunitarias e na lexislación dos Estados Unidos.
6.- O principio de estabilidade no emprego, condicións minimas de traballo e seguridade social , seguridade e saúde dos traballadores, protección dos traballadores ante situacións críticas da empresa, protección contra os despedimentos sen causa no ordenamento comunitario, nas lexislación e prácticas comunitarias e na lexislación dos Estados Unidos.
7.- Os accidentes de traballo "in itinere" no ordenamento comunitario, nas lexislación e prácticas comunitarias e na lexislación dos Estados Unidos.
8.- O principio de automaticidade das prestacións de Seguridade Social, o principio de respecto ós dereitos adquiridos en materia de Seguridade Social complementaria no ordenamento comunitario, nas lexislación e prácticas comunitarias e na lexislación dos Estados Unidos.
|