Guía DocenteCurso Escola Universitaria de Enfermaría (C) |
Grao en Enfermaría |
Asignaturas |
Nutrición |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Nutrición | Código | 661G01009 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Análise de fontes documentais | A7 B1 B4 C6 | Realizarase unha revisión da documentación referida á alimentación enteral e/ou á alimentación parenteral. | 4 |
Estudo de casos | A7 A8 A9 B1 B4 C1 C6 C9 C10 | Cada alumno realizará 3 estudos de casos. A metodoloxía consistirá na presentación dun caso relacionado cos artigos científicos do Tema a revisar. Un artigo versará sobre a repercusión da materia de nutrición sobre a seguridade asistencial do paciente. Outro artigo versará sobre as vías metabólicas e a súa aplicación práctica no ámbito da alimentación. Poderá corresponder a un caso clínico publicado ou a un estudo realizado sobre unha mostra ou sobre unha poboación. O terceiro artigo tratará sobre a alimentación e dieta no paciente con a enfermidade sinalada polo/a docente. Valorarase o compromiso individual de cada alumno, cara a obter os mellores resultados na aplicación práctica. Cada alumno participará en 3 estudos de casos. Cada estudo puntuarase cun máximo de 3 puntos. Destes 3 puntos, 1 corresponderá á nota da exposición, 2 serán de valoración do contido expresado nos documentos do alumno/a. |
9 |
Presentación oral | B15 C7 | Valorarase a participación durante os seminarios e nas sesións maxistrais, e a puntuación máxima que se podrá acadar será de 1 punto. Cada seminario será avaliado mediante preguntas test e si é o caso mediante exposición en grupo. |
1 |
Traballos tutelados | B13 C9 C10 | Faranse dous traballos tutelados: un en grupo e outro individual. O traballo tutelado en grupo consistirá na valoración das medidas antropométricas dos alumnos do grupo, e a elaboración de Consellos ou Plan de Acción. A avaliación farase tendo en conta que un 40% (6 puntos) corresponde á puntuación do grupo e un 60% (9 puntos) da puntuación corresponderalle a exposición individual e ao traballo persoal de cada alumno. A máxima puntuación dos traballos tutelados será de 15 puntos: 5 puntos ao traballo en grupo e 1 punto ao traballo individual. A avaliación do traballo tutelado en grupo, farase tendo en conta os seguintes apartados: Introdución, obxectivos, método, resultados e discusión, conclusións. Farase unha descrición e sintese da información dos contidos ou temas relativos aos artigos localizados O traballo tutelado individual consistirá na elaboración dunha proposta de actuación para a situación clínica que describa o docente para cada alumno. Para a súa elaboración deberá ter en conta as publicación más relevantes e actuais. Deberá ser presentado nunha exposición antes de rematar as clases maxistrais. A máxima puntuación do traballo individual será de 10 puntos. Deberán ser presentados antes de finalizar os seminarios. |
15 |
Proba mixta | B2 | As respostas falladas no exame test, restarán puntuación, de tal xeito que de cada catro fallos, restarase unha resposta acertada. Cúmpre aprobar o examen para superar a materia de nutrición, non tengo en conta as puntuación acadadas noutras actividades se non se aprova o examen cunha puntuación de 5 sobre 10. Para o cálculo da nota final da materia, o 65% da puntuación da materia corresponderá ao exame, e o 35% ao traballo tutelado, á presentación oral e aos estudos de casos. Os alumnos que non presenten o traballo tutelado e os estudos de casos, terán que obter unha puntuación do 70% no exame final de xuño e no exame de segunda oportunidade (xullo) para "aprobar" a materia de Nutrición. Os alumnos que non realicen o traballo tutelado e/ou os estudos de casos durante o curso, non poderán presentalos para a súa valoración na segunda oportunidade (xullo) nin na convocatoria de adianto de oportunidade (decembro). En todo caso, para calquera convocatoria, incluída a segunda oportunidade (xullo) e o adianto de oportunidade, os alumnos non poderán conseguir unha puntuación maior a 65 puntos na asignatura se non presentan a totalidade dos traballos e dos estudos de casos correspondentes ao ano en curso. O exame para calquera convocatoria será de preguntas preguntas test, contando negativo as respostas non acertadas, de forma que de cada catro mal, deducirase unha acertada. Nas convocatorias extraordinarias deberá superar o exame test cunha cualificación mínima do 50% unha vez descontadas as falladas, de éxito que por cada 4 falladas anulara unha correcta. O alumno poderá presentarse ao "adianto de oportunidade" (decembro), e o exame será de tipo test. O test resta negativo, de xeito que de cada catro preguntas falladas, restarase unha acertada. Terá que superar o exame cun 50%. Para acadar máis de 65 puntos terá que presentar o traballo tutelado e Estudos de casos do ano en curso que lle sinale o profesor. |
65 |
Aprendizaxe colaborativa | A7 B1 B2 B15 C1 C6 C9 C10 | Realizarase unha aprendizaxe colaborativa sobre a que o alumno mostrará 2 temas prácticos: Un tema versará sobre os alimentos, presentando a súa interpretación sobre as etiquetas nutricionais dos que os docentes lles pidan. Outro tema versará sobre a seguridade alimentaria sobre o tema que os docentes sinalen. A cada unha das actividades poderalles corresponder unha puntuación de ata 3 puntos. |
6 |
Observacións avaliación | |||
Valorarase a participación e asistencia a clase ou a través de Teams, así como a sea intervención, así como a relación entre os alumnos nos grupos que facilite a cohesión das exposicións de cada grupo. |
|