O propósito desta materia é abordar o coñecemento e comprensión da función dos sistemas do organismo humano de forma integrada, é decir os mecanismos que o organismo utiliza para manter en equilibrio todas as súas funcións e as interrelacións entre elas. Comprender as alteracións que se producen cando fallan os mecanismos de compensación fisiolóxicos e as súas manifestacións.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
– Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
– Sesión maxistral
– Discusión dirixida (computa na avaliación)
– Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computa na avaliación)
– Atención personalizada
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Estudio de casos. Estudo de casos realizado en grupo, modifícase á modalidade individual.
- Proba mixta. Esta proba escrita de pregunta curta e tipo test e resolución dun caso para avaliar, fundamentalmente, a aprendizaxe dos contidos teóricos; modificouse a un exame só tipo test.
- Presentación oral. Actividade na que os estudantes expoñen verbalmente o contido/resultados dos obxectivos de resolución dos problemas. Esta metodoloxía eliminase da planificación polas dificultades para o seu desenvolvemento.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para
resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos
asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros
de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se
pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos
tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate
6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica
permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do
alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
- Exame: tipo test de resposta múltiple en modalidade non presencial. O aprobado está no 50% das respostas acertadas.
- Resolución de casos clínicos : O caso clínico enviarase aos alumnos con un tempo de realización limitado de 1 hora e terá que ser enviado por e-mail no prazo esixido.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
- As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo
presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
1. SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN
AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212):
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
-. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
-. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
(traballos tutelados).
-. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
-. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Dispoñerán de materiais de traballo da maneira
dixitalizada a través do Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías