Descrición xeral |
Esta materia concíbese como un estudo introdutorio, pero exaustivo, sobre a xestión da calidade total, os modelos de calidade, normas de aseguramento e organismos de acreditación, normalización e certificación no ámbito turístico. Tamén se aborda a cuestión das ferramentas básicas para a xestión e avaliación da calidade. |
Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
Non hai cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Traballo tutelado en equipo (máx. 5 persoas)
- Traballos individuais
- Proba Obxectiva
*Metodoloxías docentes que se modifican
- “SESIÓN MAXISTRAL”, substitúese a presenza física do profesor/a por a presenza virtual vía Microsoft Teams. Así mesmo, abrirase un foro de dúbidas en Moodle e colgaranse pequenos vídeos titoriais na devandita plataforma e en Stream.
- “TRABALLOS TUTELADOS”, substitúese a exposición presencial dos mesmos polo alumnado, pola exposición a través de Microsoft Teams.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Ferramenta: Moodle, Microsoft Teams, Stream e correo electrónico. En canto á temporización: o alumnado pode contactar co profesor/a, tanto en horas de clase como fóra delas, para concertar titorías, xa que está a súa disposición.
4. Modificacións na avaliación
Metodoloxía/ Peso na cualificación/ Descrición
- Traballo en equipo / 20% / Traballo tutelado en equipo ( máx. 5 persoas).
- Traballo individual / 20% / Traballo tutelado individual.
- Proba Obxetiva / 60% /
No caso de que o alumnado non entregase os traballos tutelados ou non chegase á nota mínima esixida, a Proba Obxectiva terá un peso na cualificación do 100%, é dicir, que para superar a materia, precísase obter 5 puntos sobre 10 no traballo.
*Observacións de avaliación:
A entrega dos traballos realizarase a través de la plataforma Moodle.
Na Segunda Oportunidade, o alumnado deberá entregar, a través da plataforma Moodle, un Traballo individual sobre un tema proposto polo profesorado, cun peso na cualificación do 100%, é dicir, que para superar a materia, será preciso obter 5 puntos sobre 10 na mesma.
Para os alumnos online, rexen as mesmas pautas.
5. Modificacións da bibliografía o webgrafía
Non hai cambios. |