A materia pretende profundizar no coñecemento dos principais bens turísticos galegos en todos os ámbitos: natural, cultural e de servicios. A súa correcta clasificación, descrición, análise e estudio serán obxectivos fundamentais a alcanzar polo alumnado.
Plan de continxencia
1. Modificación dos contidos: Non hai.
2. Metodoloxías
• Metodoloxías docentes que se manteñen: As mesmas.
• Metodoloxías docentes que se modifican: Saídas de campo faranse, en todo caso, en versión virtual e non computarán na nota final.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Clase Maxistral e presentación de temas por parte do alumnado por Teams. No horario proposto para as clases da materia
Titoría: Póñense a disposición do alumnado titorías individualizadas para quen as precise
Foros: Serán propostos pola profesora en Moodle con relación e a cada tema.
Moodle: Na plataforma Moodle aparecerá e estará a disposición do alumnado todo o material empregado na materia pola profesora.
4. Modificacións na avaliación
Presentación oral 40% Traballo realizado de xeito individual sobre un dos temas propostos na materia, que se presentará de forma oral, con presenza de todo o alumnado. En caso de confinamento, presentarase a través da plataforma TEAMS
Proba 60%: Proba de opción múltiple sobre os contidos da materia a través da plataforma Teams. Respectarase o formato tipo test, dando a elixir entre múltiples respostas.
Observacións de avaliación:
Todas as partes han superar o 50% da nota para poder facer o computo final.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións; ao longo do cuadrimestre ofreceranse ao alumnado moitas referencias on line que poden resultar útiles. Non obstante, a profesora poderá suxerir algunhas se o alumnado así o demanda.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías