Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Materiais III
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A3 A19 A20 B1 B2 B3 B5 B12 B16 B21 B25 B30 C4 C6 C8 Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.

Empregarase tambien para avaliar o grao de comprensión dos temas a través de preguntas en clase e co deseño dunha proba específica a través de foros ou outra ferramenta á que haberá que desenvolver un tema individualmente. Será necesaria unha nota mínima dun 5 para poder aprobar
29
Traballos tutelados A4 A19 A20 A24 A29 A31 B1 B2 B5 B6 B7 B13 B16 B22 B25 B27 B28 B30 C1 C3 C4 C7 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do %ou201Ccómo facer as cousas%ou201D. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Será necesaria una nota mínima de un 5 para poder aprobar
30
Proba mixta A3 A4 A5 A19 A20 B1 B2 B3 B5 B6 B12 B16 B26 C4 C6 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio ou desenvolvemento e preguntas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de definición, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Este tipo de proba se reserva para os alumnos que decidan NON OPTAR POLA AVALIACIÓN CONTINUA. Constituirá o 60% da nota. Necesítase unha nota superior ao 5 para superala
1
Proba obxectiva A3 A5 A19 A20 A31 B1 B3 B5 B6 B12 B16 B22 B26 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.

Será necesaria una nota mínima de un 5 para poder aprobar
40
 
Observacións avaliación

Cada semana definiranse un contido temáticos que se desenvolverán tanto a través das clases expositivas como interactivas que poderán ser obxecto de avaliación.

As clases expositivas dedicaranse á exposición xeral dos temas por parte do profesor pero tamén se requirirá a participación activa do alumnado en maior ou menor medida segundo o tema en cuestión. A asistencia é obrigatoria e terá que ser superior ao 80%. As clases expositivas serán obxecto de avaliación en función do traballo persoal realizado polo alumno previo e durante a clase.

As clases interactivas serán clases participativas sempre, nas que se traballasen algúns dos temas de cada bloque que se elixirán de acordo coas competencias que se queren alcanzar. A asistencia é obrigatoria e terá que ser superior ao 80%. O traballo persoal do alumno será obxecto de avaliación en función do traballo persoal realizado cada semana e que tamén se materializará na exposición dos traballos programados.

EXAME PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE.

No exame da primeira e segunda oportunidade, os alumnos que optaron pola avaliación continua realizarase un exame que estará composto só por un exame test. Para poder aprobar hai que obter unha nota superior a un 5.

 Os alumnos que non optasen por unha avaliación continua (asistencia a clase e realización das actividades superior a un 80%) terán dereito a demostrar o seu conocimientoa través dun exame que estará formado por un test e se este é superado por unha proba de desenvolvemento escrita formada por varias partes. Para aprobar haberá que ter unha nota superior a un 5 en cada unha das partes. A nota final estará formada polo 40% do test yel 60% da proba de desenvolvemento. En cada unha das partes haberá que ter unha nota superior a 5 para poder aprobar. Se non se chega a ese mínimo en cadauna das partes, a nota final será como máximo dun 4.

AVALIACIÓN CONTINUA

Representa o 60 % da nota final. Para poder optar a esta nota, será necesaria a asistencia a un mínimo do 80 % das clases interactivas e das expositivas, así como haber realizadoel 80% das actividades propostas.As actividades que non se fagan cualificaranse cun 0. Ademais será necesario obter unha nota final mínima de 5 sobre 10.

Para optar á avaliación continua é necesario a asistencia de polo menos ao 80% das clases expositivas e ao 80% das clases interactivas, e é OBRIGATORIO a realización de TODOS os traballos e a súa presentación. A non realización dun dos traballos orixina a perda do dereito á avaliación continua. No caso da realización de todos os traballos e de faltar EXCEPCIONALMENTE á exposición dun deles, reducirase á metade a nota do traballo, a condición de que este sexa presentado polo resto do grupo e estes certifiquen a súa participación no seu desenvolvemento. En ningún caso poderase faltar a 2 exposicións.

A avaliación da signatura terá en conta, en calquera convocatoria, tanto o traballo continuado do alumno durante o curso (avaliación continua) como a avaliación obtida no exame final da materia. O alumno aprobará a materia cando obtendo un 5 na avaliación continua e asistise ao 80% das clases, obtivese OBRIGATORIAMENTE unha nota total superior ou igual a 5 no exame final. Cando non se alcancen estes mínimos en cada unha das partes, non poderá ter unha cualificación superior a un 4. Cando se aprobe cada unha das partes a nota final estará formada polo 60% da avaliación continua e o 40% do exame test.

A avaliación continua inclúe o traballo desenvolvido nas clases interactivas e/ou expositivas, o traballo autónomo xeneral do alumno desenvolvido durante o curso, os traballos tutelados e as presentacións orais.

Darase a oportunidade aos alumnos que queiran optar a notable, sobresaliente e matrícula de honra de facer un traballo individual cuxo contido se definirá conjuntamnte durante o curso

A avaliación das clases interactivas realizarase da maneira seguinte:

0: a non asistencia a clase

1: asistencia a clase e non se realizou o traballo persoal

2: asistencia a clase e o traballo realizado é moi insuficiente

4: asistencia a clase pero o traballo realizado é insuficiente, non completo. Ou o alumno NON participa nos debates xerados en clases ou os coñecementos que achega son insuficientes aínda cando realizase o traballo planificado para sexa semana.

6: asistencia a clase e o traballo realizado é  bo pero incompleto nunha pequena parte. Participa nos debates de maneira adecuada.

8: asistencia a clase e o traballo realizado realizado é bo e inclúe achegas ao tema por parte do alumno. Participa nos debates de maneira edecuada

10: poderase obter só como nota final cando se obtiveron de forma sistemática 8 nas clases interactivas e asistise con regularidade a clase

Caso particular: alumnosque non realizan as actividades da avaliación continua ( recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou exencións). Os alumnos que por algún motivo non poidan realizar as actividades que se avaliarán no que se definiu como avaliación continua, terán dereito a demostrar o seu coñecemento a través dun exame que estará formado por un test e se se supera este a unha proba de desenvolvemento oral. Esta proba oral en caso de non poderse facer de forma presencial substituirase por un exame oral a través da plataforma Teams ou similar. Esta modalidade de avaliación excepcional manterase tamén na segunda oportunidade .Para aprobar haberá que ter unha nota superior a 5 en cada unha das partes. A nota final estará formada polo 40% do test e o 60% da proba de desenvolvemento. En cada unha das partes haberá que ter unha nota superior a 5 para poder aprobar. Se non se chega a ese mínimo en cada unha das partes a nota final será como máximo dun 4.

Ante calquera diferenza entre a versión en castelán e galego, terá prevalencia a guía en castelán

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes