Nesta materia faise unha introdución á Álxebra linear e ao Cálculo diferencial e integral de funcións de unha variable.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizan cambios nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
As metodoloxías docentes mantéñense.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Modifícase o carácter presencial polo non presencial e cámbiase o peso que terán a proba mixta e os traballos tutelados na avaliación.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Como mecanismos preferentes de atención personalizada utilizaranse os seguintes:
- Correo electrónico: aténdese diariamente.
- Moodle: aténdese diariamente, especialmente os foros de dúbidas e discusión que se crean en cada tema.
- Teams: utilízase para unha comunicación máis directa e úsase tanto en horario de titorías como solicitando unha cita para unha hora a convir.
4. Modificacións na avaliación
Fronte a un posible escenario de non presencialidade, gañarán peso na avaliación os traballos tutelados, que serán realizados polo alumnado e expostos por Teams ante o profesor da materia.
A proba mixta terá un peso inferior nun posible escenario de non presencialidade. A cuantificación deste peso dependerá do momento do cuadrimestre en que se suspenda a presencialidade e a que contidos afecta máis directamente.
*Observacións de avaliación:
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia ás clases avaliarase coa entrega de traballos e nas probas mixtas nas mesmas condicións que o resto do alumnado.
A avaliación na 2ª oportunidade seguirá os mesmos criterios que os da 1ª oportunidade.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
As fontes de información fundamentais estarán dispoñibles na plataforma Moodle da materia. Mantéñense as recomendacións bibliográficas pero favorecerase o uso de materiais dispoñibles na rede.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías