Introducir na disciplina da xestión empresarial. Para iso deberán: conocer o concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa, así como a súa estrutura organizativa e funcional; coñecer os sistemas de custos e os estados contables; coñecer e aplicar as técnicas de avaliación financeira de proxectos; e coñecer e aplicar as técnicas de planificación da produción.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Solución de problemas.
- Traballos tutelados.
- Proba mixta.
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Sesión maxistral. Complementada a través de Teams e con vídeos.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado.
- Teams: Semanalmente. Para o avance dos contidos teóricos e prácticos da materia. Isto permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver correctamente a materia.
4. Modificacións na avaliación
- Proba mixta: 40%
- Traballo tutelado:40%
- Solución de problemas: 20%
*Observacións de avaliación:
Convocatoria Ordinaria e Convocatoria Extraordinaria: A avaliación adaptarase á situación dese momento, podendo realizarse un exame de toda a materia en caso necesario para aqueles alumnos que non tiveran avaliación continua.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de tódolos materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías