Na presentación da materia Podoloxía Preventiva explicarase o programa e as normas para a súa avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario que establece a Universidade da Coruña, modificada polo Consello de Goberno de 29 de xuño de 2017 e que no seu artigo 14 indica o seguinte:
1) COMISIÓN DE FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS:
1. 1. Se durante a realización dunha proba de avaliación o profesorado responsable teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, acopia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantado ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor. 1.2 Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, logo de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro. 1.3 A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia. 1.4. Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.
2.PRIMEIRA OPORTUNIDADE CONVOCATORIA ORDINARIA
2.1. Cómpre asistir ao 80% das clases de leccións maxistrais e dos seminarios, así como realizar as actividades propostas e obter unha puntuación total, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a). A devandita puntuación só computará no caso de superar na súa totalidade a proba obxectiva(PO).
2.2. Cómpre asistir ao 80% das prácticas de laboratorio, así como realizar as actividades propostas e obter unha puntuación total, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a). A devandita puntuación só computará no caso de superar na súa totalidade a PO.
2.3 Obter na PO unha puntuación nunha escala numérica de 1 –10, de un 5 (Apto).
2.4 O alumnado que obteña a máxima nota final da materia na primeira
convocatoria, por enriba do 9.5 puntos acadará a calificación de matrícula de
honra.
No caso, de que exista empate entre o alumnado na
calificación por enriba de 9.5 puntos, acadará a calificación de matrícula de
honra o que entregará o exame da PO no menor tempo posible.
3.SEGUNDA CONVOCATORIA ORDINARIA, OPORTUNIDADE ADIANTADA E SUCESIVAS CONVOCATORIAS:
3.1 Compre obter na PO unha puntuación nunha escala numérica de 1 – 10, dun 5 (Apto).
3.2 As calificacións dos seminarios e dos laboratorios non computarán aínda que será necesario ter superadas as actividades para aprobar a materia en sucesivas convocatorias.
4. ALUMNADO DE MATRÍCULA PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA:
4.1 (OPCIÓN A) Os estudantes a tempo parcial poderán solicitar aos Decanos e Directores dos centros responsables da súa titulación, a dispensa académica que lles exima da asistencia a clase daquelas materias, ou partes de materias, nas que se admita a citada dispensa na súa guía docente; porén en todo caso serán avaliados polo sistema de avaliación continua. A solicitude de dispensa poderá realizarse no momento de remitir a documentación xustificativa mencionada no apartado 1 deste artigo. Aprobada polo Consello Social do 04/05/2017.
4.2 (OPCIÓN B) Cómpre obter na PO unha puntuación total, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a), sendo a porcentaxe da cualificación un 60% da nota final. Asemade, compre realizar unha proba práctica de laboratorio e obter unha puntuación total, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a), sendo a porcentaxe da cualificación un 40% da nota final. A devandita puntuación só computará no caso de superar na súa totalidade a proba mixta.
5. CALIFICACIÓN NON PRESENTADO
5.1 O alumnado que non asista as prácticas de laboratorio, seminarios ou a PO na convocatoria establecida para avaliación outorgarase automáticamente a calificación de non presentado.