Proba de resposta múltiple |
A6 A13 A18 A19 A29 A31 B21 B20 B19 B15 B14 B13 B11 B9 B8 B4 B2 B1 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
2 ao longo do curso, sobre a materia programada. Valorarase en gran medida o esforzo persoal e a aprendizaxe continua. |
50 |
O sistema de avaliación principal e recomendable é o de avaliación continua, que inclue todos os elementos descritos anteriormente. Este sistema está pensado para unha aprendizaxe continua, e esixe do estudante unha implicación ao longo do curso, tanto na asistencia e participación na aula, como fora dela. - Para ser evaluado e recibir puntuación na presentación da noticia económica o alumno non poderá haber faltado a máis dun 10% das clases con faltas inxustificadas.
- Para obter a cualificación de "Non presentado", os estudantes non
poderán realizar actividades. - Todas as oportunidades de
avaliación se realizarán cos mesmos criterios, manténdose, por tanto, as
cualificacións da avaliación continua (controis tipo test, presentación oral)
realizadas durante o curso.
Estudantes con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención de asistencia: deberán
comunicarse co profesor nas dúas primeiras semanas de curso e o sistema de avaliación será igual do resto de estudantes adaptado ás
súas circunstancias.
Condicións de realización da avaliación final. Está prohibido acceder á
aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior
e/ou o almacenamento de información.
En calqueira caso, a materia está suxeita e supeditada ás normas e directrices emitidas pola Xunta de Centro, pola Reitoría e outras de nivel superior.
|