Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Enxeñaría en Deseño Industrial
 Asignaturas
  Historia do Moble
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Historia do Moble Código 771528018
Titulación
Máster Universitario en Enxeñaría en Deseño Industrial
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Abelleira Doldán, Miguel A.
Correo electrónico
miguel.abelleira@udc.es
Profesorado
Abelleira Doldán, Miguel A.
Correo electrónico
miguel.abelleira@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia o alumno adquirirá os coñecementos que lle permitirán entender a Historia do Moble como un proceso continuo e non como un conxunto de respostas xa dadas. Interesa sobre todo o coñecemento dos enfoques que se adoptaron no momento de abordar cada proxecto. Enténdese como un proceso intelectual de carácter reflexivo, no que conflúen os compoñentes racionais e intuitivos na resposta dada polo deseñador a un problema suscitado, cuxa solución é o moble específico, que se materializa en cada época coas súas condicións culturais e as súas posibilidades técnicas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos No caso de continxencia adoptaranse as medidas necesarias para garantir a calidade do ensino e a integridade dos contidos. Non se realizan cambios nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: Mantense o conxunto das metodoloxías docentes empregadas, pasando o modo docente a desenvolverse de maneira non presencial total ou parcialmente. *Metodoloxías docentes que se modifican: Non está previsto modificar metodoloxías docentes. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Os mecanismos de atención personalizada ao alumnado utilizarán as plataformas sinaladas con anterioridade postas a disposición pola Universidade: Moodle, Microsoft Teams e o Correo electrónico institucional. 4. Modificacións na avaliación: Traballos tutelados: 100%. Práctica de elaboración personal de comentario e análise escrito e gráfico da evolución histórica e das tendenzas dun espazo cun uso concreto co seu mobiliario específico, con gallo de potenciar a crítica rigurosa como medio de reflexión e coñecemento. *Observacións de avaliación: Suprímense aqueles criterios que implican asistencia e presencialidad. Este principio terá validez temporalmente desde o momento no que exista instrución de aplicación do presente Plan de Continxencia. Mantense o resto dos criterios de avaliación. Para o alumnado con dificultades xustificadas para realizar probas ou entregas, poderanse prever solucións alternativas personalizadas. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Mantense a bibliografía exposta para a materia. Subiranse aos soportes de intercambio de arquivos institucionais, aqueles textos, fragmentos de textos ou outro material, cuxo coñecemento é imprescindible para superar a materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes