Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
1º cuadrimestre
Segundo
Formación básica
6
Idioma
Castelán
Modalidade docente
Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Bouza Padin, Rebeca
Correo electrónico
rebeca.bouza@udc.es
Profesorado
Bouza Padin, Rebeca
Correo electrónico
rebeca.bouza@udc.es
Web
Descrición xeral
Esta materia ten como obxectivo o desenvolvemento e aprendizaxe de conceptos basicos para as materias tecnolóxicas específicas. Aprendizaxe da metodoloxía científica para a resolución de problemas.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios nos contidos da asignatura.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
-Sesión maxistral (adaptándoa á modalidade on-line)
-Solución de problemas (adaptándoa á modalidade on-line)
-Proba obxectiva (on-line)
*Metodoloxías docentes que se modifican
-Prácticas de laboratorio: as prácticas de laboratorio serán sustituidas por cuestionarios de laboratorio, para a súa resolución.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
-Correo electrónico: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. De uso para facer consultas, resolver dubidas e solicitar titorías virtuais.
-Moodle: Semanalmente. Dáselles aos alumnos unha guía da materia a estudar na devandita semana. Dita guía consta de diapositivas detalladas da materia e un boletín de problemas.
-Teams: Está previsto, en función do desenvolvemento do curso, a utilización de Teams nalgunha franxa horaria para algunhas sesións de discusión de contidos e resolución de dúbidas.
4. Modificacións na avaliación
-Solución de problemas (30%): Aquelas probas de solución de problemas/test que non se realizaron de xeito presencial, realizaranse virtualmente a través de Moodle.
-As prácticas de laboratorio (10%): as practicas que non se realizaron no laboratorio serán substituídas pola resolución de cuestionarios baseados nas prácticas.
-A proba obxectiva (60%): a proba obxectiva será realizada on-line a través do Moodle
*Observacións de avaliación:
-A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. Nos criterios de avaliación para a segunda oportunidade manterase a puntuación obtida na avaliación continua.
-Para os alumnos con recoñecemento a tempo parcial e dispensa académica con exención de asistencia teranse en conta as metodoloxías máis idóneas para as necesidades específicas que requira cada alumno, sendo dirixidas e entregadas a través de Moodle.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios respecto da bibliografía recomendada.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías