Asignatura totalmente experimental de contidos en Química Física, polo tanto para superar a materia é necesario ter realizado o traballo práctico en cursos anteriores.
Aqueles alumnos que non teñan realizado a parte práctica da asignatura en cursos anteriores, deberán realizar un examen práctico no laboratorio unha vez superada a proba escrita na que deberán obter como mínimo unha cualificación de 5 sobre 10.
No caso de ter que realizar a proba práctica, será necesario acadar unha cualificación mínima de 5 sobre 10 para poder realizar a media coa cualificación obtida na proba escrita.
A proba escrita levarase a cabo nas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade.