Mestrado Universitario en Bioloxía Molecular , Celular e Xenética
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Primeiro
Optativa
3
Idioma
Castelán
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Bioloxía Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Lamas Criado, Iban
Correo electrónico
iban.lamas@udc.es
Profesorado
Castro Castro, Antonio Manuel
Díaz Prado, María Luz
Lamas Criado, Iban
Sangiao Alvarellos, Susana
Yañez Sanchez, Julian
Correo electrónico
antonio.castro@udc.es
luz.diaz@udc.es
iban.lamas@udc.es
susana.sangiao@udc.es
julian.yanez@udc.es
Web
Descrición xeral
Esta materia encádrase no Máster en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética. Aínda que polas súas importantes aplicacións na investigación, sanidade e industria, a inmunoloxía tería que ser tratada coma unha materia con autonomía propia na Licenciatura de Bioloxía, a realidade é que as súas estreitas relacións con outras disciplinas biolóxicas, coma a Bioloxía celular, Bioquímica, Xenética e Microbioloxía propiciaron o feito de que se ministre de cotío de xeito pouco homoxéneo e fragmentado por áreas afíns diversas. Por iso, no presente curso do Máster preténdese ofrecer ao alumno unha información conxunta e actualizada sobre dos compoñentes e mecanismos de resposta do sistema inmunitario nas situacións fisiolóxicas e patolóxicas. Pola outra banda, executaranse e interpretaranse diversas técnicas básicas que, agardamos, os axuden a abordar algúns problemas ao longo do seu traballo de investigación.
Plan de continxencia
PLAN DE CONTINXENCIA
1. Modificacións nos contidos
Non se prevén modificacións nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense as metodoloxías recollidas na guía docente (sesión maxistral, prácticas de laboratorio, aprendizaxe colaborativa, proba obxectiva, e análise de fontes documentais), aínda que se adaptarán á modalidade online.
Manténse o uso de páxinas interactivas e de atlas neuroanatómicos on-line para a docencia práctica.
*Metodoloxías docentes que se modifican
A metodoloxía adaptarase á modalidad online. Para tal fin recorrerase a Microsoft Teams. Así mesmo, todo o material empregado poñerase a disposición do alumnado a través da plataforma Moodle.
As prácticas de laboratorio adaptaránse igualmente, de xeito que a identificación das diferentes rexións do sistema nervioso e a utilización de modelos animais para o estudo do sistema nervioso (en condicións fisiolóxicas e patolóxicas) serán substituidas por imaxes das rexións/estruturas a estudar.
Para a actividade “Análise de fontes documentais”, de no ser posible realízalo de modo presencial, realizaráse mediante Microsoft Teams.
As dúbidas xurdidas (atención personalizada) serán tratadas a través do correo electrónico, Moodle ou Microsoft teams.
As probas ou exames a realizar faranse a través da plataforma Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Moodle: sempre que se requira (segundo necesidade ou demanda do alumnado).
Microsoft Teams: sempre que se requira (segundo necesidade ou demanda do alumnado).
Correo electrónico: sempre que se requira (a demanda do alumnado). De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas ou outras aclaracións relativas á materia.
4. Modificacións na avaliación
Mantense o sistema de avaliación recollido na guía docente, aínda que as probas realizaranse telemáticamente a través de Moodle.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as observacións recollidas na guía docente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se prevén modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías