IMPORTANTE: As plataformas de guías docentes das dúas universidades, aínda sendo similares, teñen lixeiras diferenzas. En caso de que exista algunha discrepancia entre as guías, terase en conta a publicada na páxina web do máster.
NA DOCENCIA DA MATERIA PARTICIPAN TAMÉN OS SEGUINTES PROFESORES DA UVIGO:
Francisco Javier Deive Herva (e-mail: deive@uvigo.es)
Mª Asunción Longo González (e-mail: mlongo@uvigo.es)
Emilio Rosales Villanueva (e-mail: emiliorv@uvigo.es)
Conceptos básicos de análise e deseño de procesos biotecnolóxicos, con especial énfasis nos aspectos de integración e boas prácticas. Introducción á optimización, modelado e simulación de procesos biotecnolóxicos.
Plan de continxencia
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una
planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen
atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou
non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento
da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o
profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen / modifican
Mantéñense as metodoloxías indicadas na guía; en caso de alerta sanitaria, levaránse a cabo en modalidade non presencial,
a través das plataformas docentes e campus remotos das universidades.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Atenderanse as titorías por vía telemática (correo electrónico, campus remoto).
* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Mantéñense os mesmos contidos.
* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe.
A bibliografía proporcionada é suficiente.
* Outras modificacións
Non proceden.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Mantense o sistema de avaliación, coa única excepción de que as probas se realizarán de modo non presencial, de ser
necesario.
* Información adicional
Alumnado vulnerable: realizarase a adecuación metodolóxica, facilitándolle información específica adicional, de acreditarse
que non pode ter acceso aos contidos impartidos de forma convencional.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías