NA DOCENCIA DESTA MATERIA PARTICIPAN TAMÉN OS SEGUINTES PROFESORES DA UVIGO:
Ana Gago Martínez (e-mail: anagago@uvigo.es) e José Manuel Leao (leao@uvigo.es)
Dentro do Máster en Biotecnoloxía Avanzada, esta materia, pretende ensinar ao alumno unha serie de conceptos para comprender certas metodoloxías e técnicas que se empregan dentro do campo da Biotecnoloxía, co fin de aplicalas tanto á investigación básica como á aplicada. O temario desta materia, abarca técnicas tan diversas como as relacionadas coa resolución estrutural de biomoléculas, espectromotretía de masas, técnicas de nanobiotecnoloxía, de teledetección e análises de imaxes. Técnicas todas elas en continuo crecemento e expansión, o que obriga, tanto a profesores como alumnos, a manterse ao día consultando fontes bibliográficas e artigos de investigación actualizados en lingua inglesa.
Plan de continxencia
-Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas
-Metodoloxías docentes que se modifican
Clase maxistral: No caso da docencia mixta, impartirase na aula mediante videoconferencia e simultaneamente a través das salas virtuais das respectivas universidades (Teams da UDC, aulas virtuais da UVigo) de forma sincrónica. Os alumnos dividiranse en dous grupos, de xeito que a metade deles asista de xeito presencial e a outra metade segue as explicacións a través das aulas virtuais. A asistencia ás aulas terá lugar alternativamente de tal xeito que o grupo que asista en persoa o primeiro día o faga virtualmente o segundo día, etc.
No caso de que a docencia sexa totalmente non presencial, impartirase a través das aulas virtuais das universidades. O profesor poderá subir presentacións / vídeos / clases comentadas ás plataformas de teledocencia e usar estas sesións para resolver cuestions ou dúbidas.
Eventos científicos: No caso de docencia mixta ou completamente non presencial, a actividade realizarase a través das salas virtuais das respectivas universidades.
Prácticas de laboratorio: No caso da docencia mixta, ao tratarse dun pequeno grupo, intentarase manter a presencialidade. No caso dun ensino totalmente non presencial, as actividades prácticas poderanse substituír por vídeos, simulacións ou casos prácticos que se poden desenvolver a través de aulas virtuais.
Saídas de estudo: No caso de ensinanzas mixtas ou completamente non presenciais que impidan a saída, esta actividade substituirase por un traballo cuxa nota terá o mesmo peso na nota final do alumno.
-Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
No caso da docencia mixta, as titorías poden ser presenciais no despacho dos profesores ou preferentemente a través das aulas virtuais. No caso dun ensino totalmente non presencial, realizarase a través de aulas virtuais. En todos os casos, pódense facer consultas por correo electrónico.
-Modificacións (se procede) dos contidos a impartir
Non se propoñen modificacións con respecto aos contido que se van a impartir.
-Bibliografía adicional para facilitar a autoaprendizaxe
Non se propón ningunha bibliografía adicional
-Outras modificacións
Non se propoñen outras modificacións
-Adaptacións da avaliación
Tanto na docencia mixta/híbrida coma na non presencial, o exame de preguntas obxectivas realizarase en liña a través de Faitic e Moodle. Neste caso, mentres se están a realizar as probas, o alumno debe estar conectado á aula virtual coa cámara activa e o micrófono desconectado (excepto para preguntar dúbidas).
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías