Solución de problemas |
Clases en pequenos grupos, concibidas como un conxunto de actividades nas que o alumno debe participar activamente. Dedicaranse a resolver os boletíns de preguntas e problemas que previamente se lles entregaron. Unha vez na clase, os alumnos discutirán as respostas ás diferentes preguntas cos seus compañeiros, establecendo un debate. |
Análise de fontes documentais |
Metodoloxía que mediante o uso de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos postos a disposición do estudante, axudarán ao alumno a traballar contidos relevantes para a materia. Para iso, entre a documentación proposta, o alumno deberá escoller un tema e levar a cabo o estudo do mesmo, realizando un traballo de maior ou menor extensión relativo a unha parte específica da materia, que requirirá que identifique un problema, propoña e desenrole un procedemento pertinente para interpretar os resultados e establecer as conclusións adecuadas, da cordo cos contidos teóricos tratados na materia. |
Proba mixta |
Proba escrita que constará dunha serie de preguntas de distinta natureza: desenvolvemento medio-longo dun tema ou parte del, desenvolvemento curto sobre aspectos específicos, resolución de problemas, ou de elección entre respostas múltiples. |