A industria química está suxeita a unha estricta lexislación en materia de seguridade laboral. Por iso o profesional da química debe de coñecer todos aqueles aspectos que poden dar lugar a situación de risco no solo para as persoas si non, tamén, para os bens e o medioambiente.
A seguridade das persoas, dos traballadores e do medioambiente son fundamentáis, hoxe en día, e cada vez máis nas empresas. A xestión da seguridade industrial evita grandes gastos nas empresas xa que as catástrofes xeradas por unha inadecuada xestión se resolven pola vía do código civil e evita que os profesionais se teñan que enfrontar á vía do código penal. Ademas, de xerar unha mala imaxe das empresas na sociedade.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non hai modificacións.
2. Metodoloxías
Metodoloxías docentes que se manteñen
- Mantéñense todas as metodoloxías docentes (sesión magristral, seminarios e proba obxectiva).
Metodoloxías docentes que se modifican:
As metodoloxías docentes adaptaranse á modalidade híbrida:
- As sesións maxistrais e seminarios levarán a cabo de forma síncrona no horario establecido no calendario de actividades, a través da plataforma Teams.
-A proba obxectiva levará a cabo a través das plataformas Moodle e Teams no horario establecido no calendario de actividades.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
- Correo electrónico: Diariamente. Os profesores da materia estarán dispoñibles para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento das actividades.
– Teams: Diariamente. Os profesores da materia estarán dispoñibles para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento das actividades.
4. Modificacións na avaliación:
- Non levarán a cabo modificacións nas porcentaxes das distintas actividades avaliables.
Observacións de avaliación:
- Mantéñense as observacións á avaliación da guía docente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non levarán a cabo modificacións. Os estudantes dispoñerán de toda a información necesaria a través de Moodle e da biblioteca da facultade.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías