O estudo e coñecemento da materia “Lexislación industrial”, dada a amplitude da mesma e a ausencia de coñecementos xurídicos dos alumnos, pretende alcanzar un coñecemento e manexo da normativa existente e dos actores, que faciliten o futuro traballo profesional dos alumnos. Neste sentido, esta materia busca que os alumnos comprendan a existencia dun Ordenamento xurídico no ámbito industrial complexo, con diferentes fontes de produción normativa (internacional, da Unión Europea, estatal, autonómica e local) e a súa ordenación competencial ou xerárquica, así como a presenza dunha pluralidade de Administracións.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Solución de problemas (computa na avaliación)
- Estudo de casos (computa na avaliación)
- Análise de fontes documentais (computa na avaliación)
- Proba oral (computa na avaliación)
- Sesión maxistral
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Mantense a metodoloxía docente, pero substitúese a docencia presencial por unha docencia virtual, e as actividades prácticas realizaranse, tamén, por medios virtuais
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- TEAMS, Moodle, Microsoft Outlook
4. Modificacións na avaliación
- A proba final desenvolverase virtualmente coas garantías de seguridade correspondente.
*Observacións de avaliación:
- Mantense o indicado no Paso 7
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías