A disciplina da Física desempeña un papel de formación básica que permite o alumno afrontar o aprendizaxe doutras materias incluidas no plan de estudios. Asi mesmo, a adquisición de coñecementos físicos básicos o capacitará para unha maior flexibilidade no desempeño das suas funcións profesionais así como para unha mellor adaptación ós novos avances tecnolóxicos aplicables no seu ámbito profesional, e que son consecuencia dos avances científicos.
Os descriptores son:Mecánica.Principios de termodinámica.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- proba obxetiva
*Metodoloxías docentes que se modifican
-Sesion maxistral: pasarían de híbrida a online (Teams).
-Solución problemas: pasarían de híbrida a online (Teams).
-Prácticas de laboratorio: realizaranse tratando unicamente os datos experimentais. Se lles facilitará o guión de cada práctica e os datos que terán que empregar para a súa resolución. Cada alumno deberá entregar no prazo estabrecido, unha memoria que recolla o traballo realizado e o tratamento pertinente dos datos. Previamente haberá unha sesión onde se explicará cómo realizar as prácticas e o tratamento de datos.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Tutorías individualizadas mediante encontros virtuais (Teams)
4. Modificacións na avaliación
Modificacións: se as probas dun punto non poidesen ser preseniciais na primeira oportunidade. A avaliación constaría tanto na primeira oportunidade como na segunda proba mixta (8.5 pto) + prácticas de laboratorio (1.5 pto). É preciso sacar un mínimo de 4 puntos na proba obxetiva para que se sume a calificación obtida nas prácticas de laboratorio. Para superar a materia é preciso acadar unha nota superior ou igual a 5
na suma de (proba obxetiva)+(prácticas de laboratorio).
*Observacións de avaliación:
As prácticas de laboratorio son obrigatorias e necesarias para superar a materia. Iso conleva a asistencia obrigatoria á sesión previa e a entrega da memoria que recolla o traballo realizado.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías