Sesión maxistral |
Na clase maxistral pasarase revista aos contidos dos correspondentes temas, sinalando os seus aspectos máis importantes, deténdose particularmente naqueles conceptos fundamentais e/ou de máis difícil comprensión para o alumno. |
Proba mixta |
Proba de conxunto que se realizará na data fixada no calendario acordado pola Xunta de Facultade. O seu obxectivo é contribuir á avaliación do nivel de competencias adquirido polo alumnado no conxunto da materia. |
Obradoiro |
Os obradoiros están concibidos como un conxunto de actividades eminentemente prácticas, realizadas, tanto en grupo grande como en grupo pequeno, nas que o alumno debe participar de maneira activa. O seu principal obxectivo é completar e profundar naqueles aspectos do temario máis relevantes e/ou de difícil comprensión. Cada Obradoiro leva asociada a realización dun traballo previo e subir ao Moodle devandito traballo será imprescindible para poder ser avaliado no Obradoiro correspondente.
Ao finalizar o obradoiro, empregando aplicacións dispoñibles en Internet, realizarase unha proba de resposta múltiple para avaliar o grao de asimilación do alumno dos aspectos do temario traballados. |
Proba obxectiva |
Periódicamente, nas sesións maxistrais, nas clases de solución de problemas ou nos obradoiros, levaranse a cabo probas curtas, de tipo test ou de resposta breve, destinadas tanto á avaliación do grao de adquisición de competencias polo alumnado, como a sinalar aqueles aspectos da materia que presenten maior dificultade. Tanxencialmente, esta actividade pretende fomentar que o alumnado adquira o hábito de aplicar un esforzo máis ou menos constante ao longo do curso. |