Para superar a materia será necesario conseguir polo menos 50 puntos entre as diferentes actividades avaliables (proba mixta, probas obxectivas, lecturas, solución de problemas e obradoiros), así como obter unha cualificación mínima de 20 puntos (sobre 40) na proba mixta. De non alcanzarse dita puntuación mínima na proba mixta, no caso de que a media sexa superior ou igual a 50 puntos (sobre 100) a materia figurará como suspensa (4.5).
Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán participar en máis dun 25% das clases de solución de problemas e dos obradoiros, nin realizar a proba mixta.
Na segunda oportunidade repetirase a proba mixta e as actividades presenciais suxeitas a avaliación nas que non obtívose o aprobado (non se inclúen nin obradoiros, nin clases de solución de problemas). A cualificación final calcúlase de acordo coas porcentaxes establecidas e as restricións previamente fixadas.
O alumnado que sexa avaliado na denominada "segunda oportunidade" só poderá optarse á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non fose cuberto na súa totalidade na "primeira oportunidade".
No caso de cirscunstancias excepcionais, objetivables e adecuadamente justificadas, o profesor responsable podería eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer o proceso de avaliación continua. O alumnado que se atopase nesta cirscunstancua deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a consecución das competencias propias da materia.
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia, a cualificación obtida nas actividades asociadas ao sistema personalizado de tutorías corresponderase coa avaliación da metodoloxía de probas obxectivas, é dicir co 25% da cualificación final. O 75% restante da devandita cualificación final será determinada a través dos resultados obtidos polo alumno na proba mixta.
Polo que se refire a sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e por tanto volvería comezar cun novo curso, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación que fosen programados para o devandito curso.