Prácticas de laboratorio |
A7 A16 A17 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C6 |
Valorarase a realización axeitada dos prelaboratorios, a destreza na realización do traballo experimental, a interpretación dos datos obtidos, así como a correcta realización dos cálculos, as respostas ás cuestións das devanditas prácticas (que se deberán entregar) e a elaboración da libreta de laboratorio.
|
20 |
Solución de problemas |
A7 A16 A20 B1 B2 B4 C1 |
Valorarase o traballo realizado antes e durante as sesións, así coma a actitude e participación activa do estudante na aula. |
10 |
Traballos tutelados |
A7 A16 A20 B1 B2 B4 C1 |
Valorarase a adecuada resolución das propostas de traballo, a participación activa de cada alumno na titoría e a presentación e claridade da discusión de cada actividade. |
5 |
Para superar a materia plantéxanse dous requisitos básicos:
1.- A realización das prácticas de laboratorio é condición obrigatoria para poder aprobar a materia.
2.-Acadar unha cualificación mínima de 5 (sobre 10) tanto nas prácticas de laboratorio coma en cada unha das probas mixtas das que consta cada convocatoria. De non acadar a puntuación mínima nalgunha delas, e aínda que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10), a asignatura estará suspensa e figurará unha cualificación de 4.5.
Na primeira e segunda oportunidade, os alumnos que realizaren as prácticas e obtivesen menos dun 5, terán a oportunidade de realizar, ademáis das probas mixtas, unha proba específica relacionada coas prácticas de laboratorio. A cualificación desta proba específica sustituirá á cualificación obtida nas prácticas para calcular a cualificación global.
Os alumnos que non participen nas actividades desenvolvidas nas sesións de solución de problemas, nos traballos tutelados ou na proba de resposta breve, obterán unha cualificación de 0 nestes apartados.
Cualificarase cun Non Presentado aos alumnos que non realicen as prácticas de laboratorio e tampouco realicen a proba mixta.
No contexto de "avaliación continuada" a "segunda oportunidade" enténdese coma unha segunda oportunidade de realización da proba mixta e de proba específica de prácticas de laboratorio. Polo tanto, para as prácticas de laboratorio (excepto para aqueles alumnos que non tivesen acadado un mínimo de 5), solución de problemas, traballos tutelados e proba de resposta breve, manteranse as cualificacións obtidas ao longo do curso, namentres que a cualificación da proba mixta e de proba específica de prácticas de laboratorio obtida na segunda oportunidade substituirá ás obtidas na primeira oportunidade.
Os alumnos avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se tivese cuberto na súa totalidade na "primeira oportunidade".
Para o alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial, aplicaranse os mesmos criterios de avaliación.
Para os estudantes con dispensa académica de exención de asistencia, a realización das prácticas de laboratorio será obrigatoria e será facilitada dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. Por outra banda, facilitaráselles a asistencia ao maior número posible de sesións de solución de problemas; de non poder asistir ás devanditas sesións, o alumno realizará un traballo titorizado. Deste xeito, este alumnado será avaliado mediante as cualificacións obtidas nas prácticas de laboratorio (20%), na proba mixta (55%), na proba de resposta breve (10%), nas sesión de resolución de problemas (10%)e nos traballos tutelados (5%). Isto aplicarase a ámbalas dúas oportunidades.
|