Asignatura que trata sobre a problemática da análise de trazas e as metodoloxías de traballo aplicables. Planificación e execución das distintas etapas do proceso analítico para facer a análise de trazas. Vantaxes da automatización neste tipo de análise. Nesta materia iniciase ao alumno no coñecemento dos fundamentos das principais ferramentas quimiométricas aplicables tanto á calibración, deseño e optimización de experimentos e análise multivariante de datos, tan necesarias no mundo actual para resolver problemas analíticos concretos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se farán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Lecturas
Seminarios
Proba mixta
Atención personalizada
*Metodoloxías docentes que se modifican
Prácticas de laboratorio que ao non poder realizarse presencialmente na Facultade sustituiranse pola resolución dun caso práctico plantexado polo profesor a grupos de alumnos; coa entrega dun informe individual por alumno e outro informe grupal.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer seguimento do caso práctico.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade dos alumnos. Dispón de “foros temáticos” para formular as consultas necesarias.
– Teams: 1 sesión semanal do grupo grande para o avance dos contidos teóricos e dos seminarios, na franxa horaria asignada á materia. De 1 a 2 sesións semanais (segundo necesidades dos alumnos) en grupo pequeno (< 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización do informe e presentación das lecturas, problemas plantexados nos seminarios e do plantexamento e resolución do caso práctico.
4. Modificacións na avaliación
*Observacións de avaliación:
- Resolución do caso práctico (que substituyen ás prácticas de laboratorio) coa mesma porcentaxe de calificación. Valorarase a adecuación metodolóxica, o plantexamento, detalle e claridade nos informes; asemade, a discusión crítica final do mesmo en función do problema a resolver.
- Mantense o resto de metodoloxías da guía docente, salvo que a proba mixta faríase virtual ou telemáticamente (vía Moodle e/ou Teams), tanto na primeira como na segunda oportunidade.
A situación é igual para o alumnado con adicación completa como para o alumnado con recoñecimento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AL ESTUDIO DE LOS ESTUDIANTES DE GRADO EN LA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212).
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo en formato dixital no Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías