Tendo en conta os criterios mencionados, cualificarase cada metodoloxía segundo as seguintes puntuacións:
- Cualificación obtida nas Sesións maxistrais e as Clases de solución de problemas: ata un máximo de 1,5 puntos. Os alumnos en réxime de estudos con dispensa académica por traballo ou por outros motivos xustificados deberán de falar co profesor na primeira semana de curso para substituír o réxime presencial por outro tipo de actividades cualificables igualmente con 1,5 puntos. Estas actividades indicásense nun plan individual de traballo que se entregará ao alumno.
- Cualificación obtida nos Traballos Tutelados e as Prácticas de laboratorio: ata un máximo de 2,5 puntos.
- Cualificación obtida na Proba mixta: ata un máximo de 6 puntos.
A cualificación final será a suma das anteriores.
Para aprobar a materia, en ambas oportunidades, será necesario alcanzar un mínimo de 5 puntos en total, debendo cumprirse ao mesmo tempo a condición de ter obtido un mínimo dun 40% da cualificación do apartado 2 (Traballos Tutelados e Prácticas de laboratorio) e un mínimo dun 45% da cualificación do apartado 3 (Proba mixta). En caso de que o alumno non alcanzase a devandita puntuación mínima para cada unha delas, aínda no caso de que puntuación total sexa superior ou igual a 5 (sobre 10) a materia figurará na acta como suspensa (4,5). Ademais, para aprobar a materia será obrigatorio ter asistido a todas as clases de laboratorio, incluidos os alumnos en réxime de estudos a tempo parcial para os cales, na medida do posible, tratarase de axeitar o horario ás suas necesidades.
Obterán a cualificación de Non Presentado, os alumnos que non realicen a proba mixta (Exame final).
As cualificacións das actividades realizadas durante o curso (Sesións maxistrais e as Clases de resolución de problemas, Traballos Tutelados e as Prácticas de laboratorio) conservaranse na "segunda oportunidade de xullo". En canto á cualificación da proba mixta de Xullo, esta substituirá a obtida en "a primeira oportunidade". Para a segunda oportunidade aqueles alumnos que suspendesen as prácticas de laboratorio poderán completar a libreta de laboratorio nos aspectos referentes a preparación previa, realización de cálculos, cálculo de rendemento e análise dos resultados para mellorar a súa cualificación. Non son modificables a cualificación do diario de laboratorio nin o referente ao traballo no laboratorio.
Os alumnos que sexan avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o curso, de acordo coa normativa académica, non se cubriu na súa totalidade na "primeira oportunidade".
O proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico e polo tanto volvería comeza de novo cada curso, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación programados para o devandito curso. Atendendo as necesidades de laboratorio o coordinador da asignatura poderá propoñer aos alumnos que superasen as practicas no curso anterior cunha cualificación superior a que se estableza que, si o desexan, poderán manter a cualificación de prácticas quedando exentos da súa realización, estos alumnos poderán optar en todo caso por realizar de novo das prácticas.