1. A
realización das prácticas de laboratorio é requisito imprescindible para
superar a materia.
2. Para
aprobar a materia será preciso obter no conxunto das actividades evaluables
unha calificación mínima de 5 e na proba mixta unha nota mínima de 4.5.
3. A cualificación de non presentado aplicarase os/as estudiantes que teñan participado en actividades avaliables programadas que representen menos do 20% da cualificación final.
4. As
cualificacións das prácticas de laboratorio e dos talleres da 1ª oportunidade
manteranse na 2ª oportunidade. Por tanto, na 2ª oportunidade os alumnos poderán
realizar unicamente unha proba mixta, cuxa cualificación substituirá á obtida
na proba mixta da 1ª oportunidade.
5. Os
alumnos avaliados na 2ª oportunidade só poderán optar á Matrícula de Honra se o
número máximo destas para o correspondente curso non se cubriu na súa
totalidade na 1ª oportunidade.
6. Os
estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou
dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados mediante as
prácticas de laboratorio e a proba mixta (dispénsaselles de asistencia aos
talleres, correspondente ao 15% da cualificación global). Por tanto, na 1ª e na
2ª oportunidade, os talleres serán avaliados mediante a proba mixta, que
representará o 85% da cualificación global.