Asignatura dedicada ao traballo de Laboratorio de Química Orgánica, con especial énfase en: técnicas de separación, aillamento e purificación; reactividade, síntese e caracterización de compostos orgánicos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos.
No hai modificacions.
2. Metodoloxías.
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Todas (actividades iniciais, traballos tutelados, prácticas de laboratorio e proba mixta).
*Metodoloxías docentes que se modifican:
Todas as metodoloxías adáptanse á modalidade híbrida ou non presencial a través de Moodle e Teams e mantense a programación establecida no calendario de coordinación do Centro.
- Nos traballos tutelados mantéñense as entrevistas (individuais ou colectivas), que levaranse a cabo a través de Teams. Antes do inicio das entrevistas, os alumnos deberán completar e entregar a través de Moodle o traballo previo de preparación de cada práctica. Nas entrevistas discutiranse os aspectos experimentais (procedementos, técnicas de traballo e cuestións relativas á seguridade no laboratorio) e o profesor resolverá as dúbidas que poidan xurdir e avaliará o traballo previo realizado polo alumnado.
- Nas prácticas de laboratorio o alumnado elaborará un caderno de laboratorio para as experiencias programadas que inclúa (1) as correccións ao traballo previo que poidan derivarse das entrevistas, (2) a descrición dos procedementos experimentais adecuados para a preparación e purificación de compostos, (3) as respostas ás cuestións dos guións e (4) a interpretación dos espectros dos compostos implicados nos experimentos. O caderno de laboratorio entregarase a través de Moodle.
- A Proba mixta consistirá nun exame individual manuscrito, realizado a través de Moodle e, no caso de que a coordinación co resto das materias permítao, contémplase a súa realización adiantada durante o período lectivo.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
O seguimento personalizado realizarase a demanda do alumnado e, na medida do posible, no horario establecido para as titorías, a través do correo electrónico, a plataforma Moodle ou a ferramenta Teams. Para os estudantes con dedicación a tempo parcial ou modalidades específicas de aprendizaxe ou apoio á diversidade, facilitarase a atención personalizada dentro da flexibilidade permitida polos horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos.
4. Modificacións na avaliación.
As contribucións á cualificación final das metodoloxías avaliables non se modifican
*Observacións de avaliación:
mantéñense todas as observacións incluídas na guía docente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía.
Non se realizan modificacións, todos os materiais necesarios atoparanse dispoñibles en Moodle ou mediante acceso aos recursos electrónicos dispoñibles na Biblioteca do Centro.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías